GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Agroecoloxía
AgroecoloxíaDesde a agroecoloxía estúdanse os procesos e relacións que teñen lugar á hora de producir alimentos e fibras nos ámbitos social, económico e ambiental. Esta perspectiva require que nos ocupemos de coñecer a mellor forma de administrar os sistemas agrarios xerando poucos impactos negativos no ambiente e garantindo un acceso equitativo ós alimentos e demais produtos obtidos dos sistemas agrarios.

A agroecoloxía, por outra parte, xorde como un novo paradigma do desenvolvemento, sensíbel ás complexidades e diversidades das agriculturas locais, que amplía os obxectivos agrícolas para abranguer propiedades de sustentabilidade, seguridade alimentaria, estabilidade biolóxica, conservación dos recursos e equidade alén do obxectivo dunha maior produción.

Dun xeito resumido podemos dicir que a agroecoloxía contribúe a xerarmos estratexias sustentábeis de satisfacción de necesidades mediante sistemas produtivos que teñen en conta, como criterio de decisión, a redución progresiva do uso feito de insumos procedentes de fóra do sistema.

Entón, podemos dicir que:

As propostas tecnolóxicas da agroecoloxía, caracterizadas por seren rexenerativas e de baixos insumos, son socialmente activadoras ao requiriren un alto nivel de participación social. Ao mesmo tempo, son culturalmente compatíbeis ao non cuestionaren a lóxica dos campesiños e ao xurdiren da simbiose entre coñecemento tradicional e ciencia agrícola moderna.
A agroecoloxía pon énfase na reprodución da base social rural e na rexeneración da súa base dos recursos agrícolas.
O desenvolvemento agroecolóxico é economicamente viábel posto que minimiza os custos de produción ao aumentar a eficiencia de uso dos recursos localmente dispoñíbeis.
Novas Agroecoloxía
Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

GIEEA forma parte dun consorcio que vai desenvolver un proxecto sobre agricultura biointensiva en Nicaragua. O proxecto está liderado por Amigos de la Tierra.

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse neste novo curso que terá lugar en Bueu. O curso está organizado polo GIEEA e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Programa completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía xa está dispoñible coas comunicacións orais e os posters participantes

O GIEEA colabora no II Encontro de Sistemas participativos de garantía

O GIEEA colabora no II Encontro de Sistemas participativos de garantía

O II Encontro de Sistemas participativos de garantía vai ter lugar o 17 de xuño na Facultade de Económicas (Universidade de Vigo) e o 18 de xuño en Vincios (Gondomar)

PROGRAMA DO VI CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA

PROGRAMA DO VI CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA

A dous meses do inicio do VI Congreso, presentamos a programación de convidados e convidadas para este evento agroecolóxico de referencia internacional. Ademais das ponencias e das experiencias convidadas nestes momentos desenvólvese o proceso de avaliación científica das máis de 100 comunicacións recibidas desde máis de 10 países.

SOCLA colabora na organización e dá apoio científico ao VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

SOCLA colabora na organización e dá apoio científico ao VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

A Sociedad Científica Latinoamericana de Agroecología (SOCLA) apoia o evento que organiza o GIEEA en Xuño de 2016. A presenza de SOCLA impulsará definitivamente a este evento como referente europeo da agroecoloxía.

VI Congreso internacional de Agroecoloxía

VI Congreso internacional de Agroecoloxía

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai a ter lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño de 2016. O lema escollido para esta edición é o de “Cambiando os modelos de consumo para construír sistemas agroalimentarios sustentables”

Grupo de Traballo do VI Congreso: AGRICULTURA SOCIAL E TERAPEÚTICA

Grupo de Traballo do VI Congreso: AGRICULTURA SOCIAL E TERAPEÚTICA

Dentro do ámbito del VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise desenvolver un Grupo de Traballo sobre a temática da Agricultura Social e Terapéutica

Grupo de Traballo do VI Congreso: FEMINISMO, AGROECOLOXÍA E COIDADOS

Grupo de Traballo do VI Congreso: FEMINISMO, AGROECOLOXÍA E COIDADOS

Dentro do ámbito do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise crear un Grupo de Traballo sobre a temática do Feminismo,Agroecoloxía e Coidados

Grupo de Traballo do VI Congreso: O SECTOR PÚBLICO COMO DEMANDANTE DE ALIMENTOS

Grupo de Traballo do VI Congreso: O SECTOR PÚBLICO COMO DEMANDANTE DE ALIMENTOS

Dentro do ámbito do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise desenvolver un Grupo de Traballo sobre a temática do sector público como demandante de alimentos

Grupo de Traballo do VI Congreso: NOVOS MERCADOS DE CONSUMO DE ALIMENTOS E METABOLISMO SOCIAL

Grupo de Traballo do VI Congreso: NOVOS MERCADOS DE CONSUMO DE ALIMENTOS E METABOLISMO SOCIAL

Dentro do ámbito do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise desenvolver un Grupo de Traballo sobre a temática de novos mercados de consumo de alimentos e metabolismo social

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

O GIEEA vai participar no Curso ALTERNATIVAS RURAIS E REAIS: VIABILIDADE DE PROXECTOS AGROECOLÓXICOS

O GIEEA vai participar no Curso ALTERNATIVAS RURAIS E REAIS: VIABILIDADE DE PROXECTOS AGROECOLÓXICOS

Membros do GIEEA van participar neste curso que pretende achegar información de diversos aspectos: técnicos, comerciais, humanos,económicos e xurídicos, que unidos a experiencias prácticas, nos dean a proximación ao sector da agricultura ecolóxica.

O GIEEA participa no III Foro Apícola

O GIEEA participa no III Foro Apícola

O III Foro Apícola, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, terá lugar o vindeiro 6 de xuño en Arzúa. No evento trataranse os temas máis actuais do ámbito da apicultura e se presentarán estudos e innovacións apícolas.

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

Vídeos do V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

Vídeos do V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

Xa están dispoñibles para as persoas interesadas os vídeos do V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que tivo lugar en Vigo a finais do mes de xuño

O GIEEA participou no VII Congreso Apícola Hispánico

O GIEEA participou no VII Congreso Apícola Hispánico

Os días 3, 4 e 5 de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela o VII Congreso Apícola Hispánico. No evento ten participado o GIEEA coa ponencia "O patrimonio apícola cereiro tradicional: un achegamento ao caso galego"

O GIEEA ten participado no II Congreso Internacional sobre Educación e sOcialización do pAtrimonio no Medio Rural

O GIEEA ten participado no II Congreso Internacional sobre Educación e sOcialización do pAtrimonio no Medio Rural

No Congreso SOPA o GIEEA ten presentado o traballo "A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO APÍCOLA CEREIRO TRADICIONAL: ANÁLISE DA EXPERIENCIA COMUNITARIA DA CMVMC DE PARAÑOS (O COVELO)".

Participación do GIEEA na conferencia The Day of Urban Farming

Participación do GIEEA na conferencia The Day of Urban Farming

O pasado 15 de maio, o GIEEA estivo presente na conferencia The Day of Urban Farming que tivo lugar en Utrecht (Países Baixos) falando da grande potencialidade das áreas de monte comunal urbán e periurbán galegas como proveedores de servizos mediambientais.

O GIEEA participa no Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona

O GIEEA participa no Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona

Moitos anos de docencia e experiencia no ámbito da agricultura ecolóxica avalan o Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA ven de participar na quinta reunión dentro do marco do proxecto europeo SUPURBFOOD

O GIEEA ven de participar na quinta reunión dentro do marco do proxecto europeo SUPURBFOOD

O GIEEA ven de participar na quinta reunión dentro do marco do proxecto europeo SUPURBFOOD “Towards sustainable modes of urban and peri-urban food provisioning” que tivo lugar en Bristol (Reino Unido) os días 2, 3 e 4 de xullo de 2014.

Información sobre aloxamentos, transporte e localización do V Congreso

Información sobre aloxamentos, transporte e localización do V Congreso

Nesta nova atoparedes información que pode ser do voso interese para organizar a estadía en Vigo. Así, poderedes atopar información sobre o lugar de celebración do Congreso, modos de transporte á sede do Congreso e sobre posibles aloxamentos con dados sobre os mesmos.

Presentación da Diagnose do Plan de Emprego de Bueu

Presentación da Diagnose do Plan de Emprego de Bueu

A semana pasada membros do GIEEA presentaron os dados iniciais da Diagnose e as liñas estratéxicas do Plan de Emprego de Bueu xunto co Alcalde de Bueu Félix Juncal

Marielle Dubbeling participará no V Congreso de Agroecoloxía

Marielle Dubbeling participará no V Congreso de Agroecoloxía

A especialista en agricultura urbana e periurbana, Marielle Dubbeling, abrirá o V Congreso Internacional de Economía Ecolóxica e Agroecoloxía que organiza o GIEEA coa palestra "Cadenas cortas de alimentación: lecciones aprendidas de ciudades del Sur"

Manfred Max-Neef no V Congreso de Agroecoloxía

Manfred Max-Neef no V Congreso de Agroecoloxía

O economista chileno Manfred Max-Neef cerrará o V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que organiza o GIEEA. A súa palestra leva por título “Una economía para servir a las personas y a la vida”.

A COOPERATIVA ÁRBORE PREMIA A LABOR DO GIEEA

A COOPERATIVA ÁRBORE PREMIA A LABOR DO GIEEA

A Cooperativa de Consumo Consciente Árbore premia anualmente a través do Recoñecemento Social a labor de colectivos e persoas que traballan a prol dun consumo consciente e polo tanto de unha producción respectuosa co medio e coas persoas. Neste ano desde Árbore quixeron facer un recoñecemento ao traballo do GIEEA

V CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA E AGRICULTURA ECOLÓXICA

V CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA E AGRICULTURA ECOLÓXICA

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que vai a ter lugar en Vigo os días 26, 27 e 28 de xuño de 2014. O lema desta edición é o de "Propostas agroecolóxicas ao industrialismo: recursos compartidos e respostas colectivas".

O GIEEA participa nos obradoiros de aqui, xusto e ecolóxico

O GIEEA participa nos obradoiros de aqui, xusto e ecolóxico

O GIEEA ten participado nos obradoiros de Redondela e de Verín do Proxecto de aqui, xusto e ecolóxico mostrando iniciativas dinamizadoras do rural galego

GIEEA participa en Curso da UIMP organizado polo IEM

GIEEA participa en Curso da UIMP organizado polo IEM

Baixo o lema, A Explotación Multifuncional do Monte, a Universidad Internacional Menéndez Pelayo organiza un Curso de moito interese na primeira semana de Outubro no que participará Xavier Simón.

O Concello de Bueu confía ao GIEEA a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Local

O Concello de Bueu confía ao GIEEA a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Local

Na semana pasada, a entidade local buenense e o GIEEA asinaron o protocolo polo que a Universidade de Vigo recibiu a encomenda de elaborar un Plan de Desenvolvemento Local.

Cartografías Sensibles, proxecto da CMVMC de Vincios

Cartografías Sensibles, proxecto da CMVMC de Vincios

Comunidade dinámica, comunidade viva. Vincios é un exemplo paradigmático de proxectos innovadores feitos con sentido, sensíbeis coa contorna e coas persoas. As cartografías sensíbeis son unha boa mostra.

GIEEA, socio  proxecto do 7º Programa Marco

GIEEA, socio proxecto do 7º Programa Marco

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) esta a participar nun proxecto europeo denominado SUPURBFOOD xunto con membros doutros países como Holanda, Italia, Bélxica, Reino Unido, Letonia e Suiza.

Todos os vídeos do  IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

Todos os vídeos do IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

Baixo o lema, Iniciativas agroecolóxicas innovadoras para a transformación dos espazos rurais, o GIEEA organizou este evento científico que reuniu a máis de 200 investigadores e investigadoras chegados de 10 países diferentes.

Ler todas
Publicacións Agroecoloxía
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506