GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local
23/11/2015
O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo
Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento localPrograma das Xornadas:

26 de novembro : TERRAS SEN USO, RECURSO PARA UN NOVO CURSO
VELLAS TERRAS PARA UN NOVO CURSO DAS COUSAS

PARTICIPANTES:
ADR Mariñas-Betanzos. A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos desenvolve o Plan Alimentario dentro do cal se están implementando unha Bolsa de Terras e iniciativas de fomento da produción e o consumo local.
https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/resumo-do-proxecto-2/

Amigos da Terra: Entidade ecoloxista que exporá as iniciativas que desenvolve a través de proxectos de hortas comunitarias e do seu traballo activo en prol da educación ambiental e da concienciación cidadá.

Verxel de Coiro. Iniciativa de produción local de Cangas, baseada nos produtos de horta agroecolóxica, sostible e respectuosa co medio ambiente.

1 de decembro: QUÉ COMEMOS E DE ÓNDE O TRAEMOS
+ CALIDADE DE ALIMENTOS - EMISIÓNS DE CO2 = COMEMOS CANGAS

PARTICIPANTES:
Mercado de Alimento Labrego. Iniciativa do concello de Teo (A Coruña). Consiste nun mercado de proximidade, que se configura como un punto semanal de encontro entre produtores e consumidores. Trata de fomentar o comercio de proximidade e potenciar o consumo de produtos locais, de tempada e de calidade.
https://www.facebook.com/mercadolabregodeteo

Grupo de Consumo Semente: Colectivo de Ourense composto por persoas consumidoras que buscan que os produtos que mercan sexan saudables e respectuosos coa contorna, mais tamén pretenden contribuír a manter vivo o seu entorno rural a través do establecemento de relacións de confianza entre as persoas produtoras e ad consumidoras.

Nutre En Bio: É unha cooperativa que agrupa a varias persoas adicadas ao cultivo de produtos de agricultura ecolóxica. As experiencias que forman parte de Nutre En Bio téñense unido para poder distribuír mellor os seus produtos ecolóxicos, empregando circuítos curtos de comercialización e venda directa.

Papirrubios da Granxa: grupo autoxestionado de consumo responsable en Cangas, en funcionamento dende o ano 2013.

3 de decembro: XESTIÓN COLECTIVA DE RECURSOS LOCAIS e XESTIÓN LOCAL DE RECURSOS COLECTIVOS
SUMAMOS ESFORZOS - COMPARTIMOS DECISIÓNS - OBTEMOS DESENVOLVEMENTO

PARTICIPANTES:

Monte Cabalar. Monte Cabalar é unha cooperativa de explotación comunitaria da terra que agrupa aproximadamente 3.600 propiedades de máis de 1.000 propietarios nunha explotación gandeira en extensivo de dimensións superiores ás de 700 ha. de monte pechado no concello de A Estrada (Pontevedra). http://www.montecabalar.com/

CMVMC Couso. A Comunidade de Montes do Concello de Gondomar (Pontevedra) conta con iniciativas dinamizadoras a partires de recursos propios como a produción de Shii-take ou os roteiros patrimoniais e naturais. http://montescouso.blogspot.com.es/

Máis que Románico. Iniciativa radicada en Sober (Lugo), na que as/os guías turísticas/os deseñan diferentes rutas nas que amosan o patrimonio colectivo existente na Ribeira Sacra.
http://www.maisqueromanicorutas.com/

Escapadas Rías Baixas : O que comezou como proxecto no 2009, www.escapadariasbaixas.com, converteuse en realidade en 2011, cando nace, froito da paixón polo turismo, a empresa Aristóteles Gestión e Turismo SL, coa vocación de axudar aos negocios e destinos turísticos a ser máis profesionais e competitivos a través de internet.


10 de decembro: PRODUCIÓN LOCAL DE ALIMENTOS E INTEGRACIÓN SOCIAL.
TERRA PARA VIVIR - IDEAS PARA CONSTRUÍR - CANGAS SUSTENTABLE

PARTICIPANTES:
Alborada. Esta Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga para a Prevención, o Tratamento e a Incorporación Social das persoas consumidoras de drogas (http://alborada.org/es/index.php), desenvolve o Programa Verdear que fomenta a agricultura ecolóxica no medio urbano vigués, con usuarios/as dos centros de drogodependencias. Este proxecto está localizado nos montes de Cabral (Vigo). Un dos obxectivos desta iniciativa é o de mellorar os mecanismos de acceso ao emprego para persoal con difícil empregabilidade. http://verdearhuertaecologica.blogspot.com.es/

Ultra_Alimento: Na Praza de Abastos de Lalín sitúase Ultra_Alimento, o ultramarinos que leva ao extremo o Poder do Alimento e, como tal, procura a transformación medioambiental e a transformación social. Esta iniciativa pretende implicarse activamente na xeración de riqueza social a partir dos alimentos.
https://www.facebook.com/Ultra-_Alimento-626270214092602/info/?tab=page_info

Asociacion DOA: O Juerto: A experiencia hortícola que desenvolve a Asociación DOA Saúde Mental xorde co obxectivo de fomentar á inclusión socio-laboral dos nosos usuarios/as, a través dun eido familiar como é a agricultura. A través desta actividade fomentamos e traballamos as diferentes capacidades persoais para alcanzar unha maior autonomía persoal.Os produtos obtidos incorpóranse tanto ás actividades que se desenvolven no CRPL como ao noso programa de pisos protexidos, contribuíndo ao reforzo positivo do seu esforzo e traballo.Ademais do valor terapéutico intrínseco da mesma como actividade, esta iniciativa trata de poñer en valor a agricultura ecolóxica e tradicional."
Volver
Noticias destacadas
O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O investigador do GIEEA Damián Copena vai participar no evento que está a organizar Fedderação Nacional dos Baldios (BALADI). A VI Conferência Nacional dos Baldios ten lugar o día 2 de xullo en Vila Real (Portugal).

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

La Tesis del investigador del GIEEA Damián Copena gana el Premio “Jesús García Calvo”

La Tesis del investigador del GIEEA Damián Copena gana el Premio “Jesús García Calvo”

El trabajo de investigación del miembro del Grupo de Investigación en Economía Ecológica y Agroecología de la Universidad de Vigo, Damián Copena Rodríguez, ha sido escogido como ganador de la tercera edición del premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desarrollo Rural y Cooperación en la modalidad de Tesis de Doctorado. El Premio, que es convocado conjuntamente, con carácter anual, por el Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) de la USC y la Fundación Feiraco, ha sido entregado este pasado lunes en Santiago de Compostela.

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Jornada de Debate y Formación sobre Comedores Escolares

Jornada de Debate y Formación sobre Comedores Escolares

Jornada para debatir con profesionales sobre experiencias para construir sistemas sustentables de alimentación a partir de las escuelas

Vídeos del Curso "Avanzando en la dinamización local con recursos propios: El Monte"

Vídeos del Curso "Avanzando en la dinamización local con recursos propios: El Monte"

Grazas al buen hacer de la UVIGOtv ya están disponibles para su consulta libre y gratuíta los vídeos del Curso "Avanzando en la dinamización local con recursos propios: El Monte".

Programa Completo del VI Congreso Internacional de Agroecología

Programa Completo del VI Congreso Internacional de Agroecología

El Programa completo del VI Congreso ya está disponible

GIEEA en el I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA en el I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aprovechamientos energéticos de la biomasa forestal en Galiza

Aprovechamientos energéticos de la biomasa forestal en Galiza

El aprovechamiento sustentable de la biomasa con fines energéticos es uno de los ámbitos a los que se presta atención en el GIEEA. Esa será la temática que abordará el Doctor Damián Copena, miembro do GIEEA, en la Jornada denominada "Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía", organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid el próximo 7 de Mayo.

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, evento que vai debater sobre o mundo rural e o seu futuro.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando en la dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando en la dinamización local con recursos propios"

El GIEEA organiza del 9 al 12 de septiembre de 2014 en el Ayuntamiento de Bueu el Curso de Extensión Universitaria "Avanzando en la dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio de un proyecto del 7º Programa Marco

GIEEA, socio de un proyecto del 7º Programa Marco

El Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) participa en un proyecto europeo denominado SUPURBFOOD con socios de otros países como Holanda, Italia, Bélgica, Reino Unido, Letonia y Suiza.

Leer todas
Publicaciones destacadas
Leer todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecología | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506