GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
La Universidade de Vigo, la Fundación Juana de Vega y la Fundación Isla Couto crean el Observatorio Eólico de Galicia
10/01/2019
Será una herramienta de investigación, información, consulta y asesoramento para todos los agentes interesados en la energía eólica en Galicia. Nuestro grupo de investigación, bajo la dirección de Xavier Simón Fernández, será el encargado de su desarrollo.
La Universidade de Vigo, la Fundación Juana de Vega y la Fundación Isla Couto crean el Observatorio Eólico de GaliciaA Fundación Juana de Vega, a Universidade de Vigo e a Fundación Isla Couto crean o Observatorio Eólico de Galicia, unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. O Observatorio xurde dun convenio de colaboración asinado por Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega.
O observatorio terá por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo transferir coñecemento entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e amosar os impactos positivos que a enerxía eólica xera no mundo rural.
Para iso, o Observatorio terá tres ámbitos de traballo. Servirá como repositorio de información legal, económica e ambiental dos parques eólicos, configurándose como un espazo aberto no que se poderá consultar información actualizada sobre os distintos aspectos ligados á enerxía eólica en Galicia, como a potencia instalada e a súa evolución, proxectos industriais vinculados, emprego e riqueza xerada na Comunidade. Neste ámbito tamén se prestará especial atención á recollida de información cualitativa e cuantitativa (prezos, prazos, cláusulas de contratos, expropiacións...) sobre os procesos de negociación entre propietarios de terreos eólicos e promotores, así como sobre o uso dado polos axentes rurais ás rendas xeradas dos parques eólicos.
O Observatorio tamén realizará estudos e análises socioeconómicas e institucionais da enerxía eólica, sobre todo relacionados cos procesos de negociación cos propietarios de terreos eólicos e a comparativa cos antecedentes galegos e con outros contextos xeográficos. Isto permitirá identificar boas prácticas que contribúan a mellorar os impactos sociais e económicos directos da enerxía eólica nas áreas rurais, contribuíndo a dinamizalas economicamente.
Por último, prestará asesoramento gratuíto aos axentes rurais que se atopen en procesos de negociación con promotores eólicos como mecanismo para fortalecer a súa posición negociadora e favorecer o incremento das rendas derivadas da actividade eólica nos espazos rurais.
Toda a información xerada no desenvolvemento do convenio, de conformidade cos obxectivos perseguidos polo Observatorio Eólico de Galicia, será publicada no portal web do Observatorio que nun futuro inmediato estará aloxado nos servidores da Universidade de Vigo. Todos os contactos co Observatorio Eólico de Galicia poden facer a través do email observatorio.eolico@uvigo.gal.
Antecedentes
A Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo teñen traballado de maneira conxunta a prol do desenvolvemento rural de Galicia realizando traballos no eido da enerxía eólica. No ano 2011 subscribiron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de investigación Impacto económico e social da enerxía eólica no mundo rural galego, un amplo estudo que permitiu facer unha estimación das rendas que permanecían no rural pola instalación de parques eólicos e dos beneficios sociais (emprego, transferencias, convenios cos Concellos…) que revertían nos axentes rurais por mor destas instalacións. Ademais, tamén axudou a identificar iniciativas innovadoras, de natureza produtiva ou non produtiva, que desenvolvían os propietarios dos montes coas rendas recibidas da instalación de parques eólicos. Asemade, no ano 2013 ambas entidades asinaron outro convenio de colaboración para o Asesoramento económico, técnico e contractual nos procesos de instalación de parques eólicos en Galicia.
Estas colaboracións conxuntas, desenvolvidas co Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, permitiu concluír que os propietarios de montes no rural galego percibían unhas rendas baixas (1,18%-1,5% do volume de facturación bruta do sector eólico) en relación coas que se reciben noutras comunidades autónomas pola instalación de parques eólicos (entre un 3 e un 6%), sendo, por tanto, a súa contribución ao desenvolvemento rural moi escasa en relación ao seu potencial. Así, a diferencia entre o 1,18% que se recibe en Galicia e o 3% de mínimo que reciben os propietarios de montes noutras Comunidades Autónomas, representa máis de 20 millóns de euros anuais que poderían reverter no rural de Galicia.
Volver
Noticias destacadas
O GIEEAH participa na xornada O MONTE GALEGO DO SÉCULO XXI

O GIEEAH participa na xornada O MONTE GALEGO DO SÉCULO XXI

A xornada abordou as posibilidades existentes nos recursos madeireiros, nos recursos non madeireiros con valor de mercado e nos recursos sen valor de mercado.

Curso de Ext. Univ.: "COMEDORES ESCOLARES ECOLÓGICOS: Avanzando hacia una economía circular en las Reservas de Biosfera

Curso de Ext. Univ.: "COMEDORES ESCOLARES ECOLÓGICOS: Avanzando hacia una economía circular en las Reservas de Biosfera

Del 1 al 5 de julio tendrá lugar este curso de extensión universitaria no concello de Allariz. O Curso está organizado por el Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia y cuenta con la colaboración del Ayuntamiento de Allariz y de la Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Curso de Formación Boas Prácticas nos Montes Veciñais en Man Común

Curso de Formación Boas Prácticas nos Montes Veciñais en Man Común

Dentro do obxectivo de avanzar no manexo sustentable dos recursos naturais mediante a acción colectiva nas propiedades comunitarias, o GIEEAH organiza un Curso de Formación sobre as boas prácticas nos montes veciñais en man común

Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo

Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo

O venres 22 de marzo dende a rede ReVOLTA da que forma parte o GIEEAH organízase a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de formación e experimentación agroforestal “Pedro Murias” de Vilaframil, Ribadeo.

Ecofeminismos e Rural

Ecofeminismos e Rural

O 15 de marzo celébrase Xornada Ecofeminismos e Rural. A combinación do ecoloxismo e do feminismo supón unha fenda ao discurso neoliberal que “cousifica” á muller e a natureza, traendo consigo un novo relato de como atender ao presente, así como abre unha nova xanela na que comezar a construír pontes que procuren outros mundos nos que diluír as desigualdades contemporáneas.

La Universidade de Vigo, la Fundación Juana de Vega y la Fundación Isla Couto crean el Observatorio Eólico de Galicia

La Universidade de Vigo, la Fundación Juana de Vega y la Fundación Isla Couto crean el Observatorio Eólico de Galicia

Será una herramienta de investigación, información, consulta y asesoramento para todos los agentes interesados en la energía eólica en Galicia. Nuestro grupo de investigación, bajo la dirección de Xavier Simón Fernández, será el encargado de su desarrollo.

O GIEEAH participa nunha xornada informativa pola eólica en Corme

O GIEEAH participa nunha xornada informativa pola eólica en Corme

O vindeiro venres 23 de novembro o investigador do GIEEAH Damián Copena participará na Xornada organizada por veciñas e veciños de Corme en relación co repotenciamento do parque eólico existente nesta localidade coruñesa

El GIEEAH participa en el III Congreso Europeo de las Áreas Comunitarias

El GIEEAH participa en el III Congreso Europeo de las Áreas Comunitarias

El investigador del GIEEA Damián Copena va a paticipar en este evento organizado por la BALADI-Federação Nacional dos Baldios. El Congreso tendrá lugar el día 7 de Octubre en Miranda do Corvo (Portugal)

VII Congreso Internacional de Agroecología

VII Congreso Internacional de Agroecología

Organizado por el Instituto de Estudios Campensinos (ISEC), de la Universidad de Córdoba, el Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA) y el Grupo de Investigación en Economía Ecológica, Agroecología e Historia (GIEEAH), de la Universidade de Vigo, se celebrará los días 30, 31 de mayo y 1 de junio, en la ciudad de Córdoba.

Avanzandoen el soberanía alimentaria en Nicaragua

Avanzandoen el soberanía alimentaria en Nicaragua

O GIEEA segue a traballar no coñecemento sobre o Método Biointensivo e a súa aplicación en diversos territorios e espazos socioeconómicos. Nas últimas semanas, temos participado en diversas actividades para fortalecer o MBI.

VII Congreso Internacional de Agroecología

VII Congreso Internacional de Agroecología

El Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía de la Universidade de Vigo coorganiza con las amigas del Instituto de Sociología y Estudios Campesinos (ISEC)de la Universidad de Córdoba y el Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA)el VII Congreso Internacional de Agroecología que tendrá lugar en Córdoba los días 30, 31 de mayo y 1 de junio de 2018.

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O investigador do GIEEA Damián Copena vai participar no evento que está a organizar Fedderação Nacional dos Baldios (BALADI). A VI Conferência Nacional dos Baldios ten lugar o día 2 de xullo en Vila Real (Portugal).

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

La Tesis del investigador del GIEEA Damián Copena gana el Premio “Jesús García Calvo”

La Tesis del investigador del GIEEA Damián Copena gana el Premio “Jesús García Calvo”

El trabajo de investigación del miembro del Grupo de Investigación en Economía Ecológica y Agroecología de la Universidad de Vigo, Damián Copena Rodríguez, ha sido escogido como ganador de la tercera edición del premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desarrollo Rural y Cooperación en la modalidad de Tesis de Doctorado. El Premio, que es convocado conjuntamente, con carácter anual, por el Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) de la USC y la Fundación Feiraco, ha sido entregado este pasado lunes en Santiago de Compostela.

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Jornada de Debate y Formación sobre Comedores Escolares

Jornada de Debate y Formación sobre Comedores Escolares

Jornada para debatir con profesionales sobre experiencias para construir sistemas sustentables de alimentación a partir de las escuelas

Vídeos del Curso "Avanzando en la dinamización local con recursos propios: El Monte"

Vídeos del Curso "Avanzando en la dinamización local con recursos propios: El Monte"

Grazas al buen hacer de la UVIGOtv ya están disponibles para su consulta libre y gratuíta los vídeos del Curso "Avanzando en la dinamización local con recursos propios: El Monte".

Programa Completo del VI Congreso Internacional de Agroecología

Programa Completo del VI Congreso Internacional de Agroecología

El Programa completo del VI Congreso ya está disponible

GIEEA en el I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA en el I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aprovechamientos energéticos de la biomasa forestal en Galiza

Aprovechamientos energéticos de la biomasa forestal en Galiza

El aprovechamiento sustentable de la biomasa con fines energéticos es uno de los ámbitos a los que se presta atención en el GIEEA. Esa será la temática que abordará el Doctor Damián Copena, miembro do GIEEA, en la Jornada denominada "Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía", organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid el próximo 7 de Mayo.

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, evento que vai debater sobre o mundo rural e o seu futuro.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando en la dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando en la dinamización local con recursos propios"

El GIEEA organiza del 9 al 12 de septiembre de 2014 en el Ayuntamiento de Bueu el Curso de Extensión Universitaria "Avanzando en la dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio de un proyecto del 7º Programa Marco

GIEEA, socio de un proyecto del 7º Programa Marco

El Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) participa en un proyecto europeo denominado SUPURBFOOD con socios de otros países como Holanda, Italia, Bélgica, Reino Unido, Letonia y Suiza.

Leer todas
Publicaciones destacadas
Leer todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecología | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506