GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Mundo Eco-Eco
Mundo Eco-EcoOs colectivos, grupos, empresas cooperativas, asociacións e organizacións do mundo económico ecolóxico tecen novas redes para construíren espazos de decisión e desenvolvemento alternativos ao modelo dominante. Aquí recompilamos unha parte deles para que o noso visitante se faga unha idea do que é o mundo eco-eco.

Tamén queremos utilizar este espazo para dar impulso ao movemento alternativo de produción e consumo de alimentos ecolóxicos. Dende o GIEEA apoiamos tódalas iniciativas “alternativas” de produción, distribución e consumo de alimentos, posto que resultan fundamentais para poder fixar poboación no mundo rural e fortalecer a produción responsable e o aproveitamento dos nosos recursos propios.
Novas Mundo Eco-Eco
Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas

DEBATES SOBRE A ECONOMÍA MUNDIAL……. DAS PERSOAS?

DEBATES SOBRE A ECONOMÍA MUNDIAL……. DAS PERSOAS?

Para completar a formación regrada, para dar entrada nas nosas mentes a argumentos diversos, para dar voz aos movementos sociais de base, para tratarmos colectivamente temas de enorme actualidade social, para todo isto e moito máis, o GIEEA organiza unha actividade de debate arredor de probemas globais que padecemos as persoas. Será o venres 1 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

VI Congreso internacional de Agroecoloxía

VI Congreso internacional de Agroecoloxía

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai a ter lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño de 2016. O lema escollido para esta edición é o de “Cambiando os modelos de consumo para construír sistemas agroalimentarios sustentables”

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Curso de Xardinería

Curso de Xardinería

O GIEEA informa

O GIEEA participa no III Foro Apícola

O GIEEA participa no III Foro Apícola

O III Foro Apícola, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, terá lugar o vindeiro 6 de xuño en Arzúa. No evento trataranse os temas máis actuais do ámbito da apicultura e se presentarán estudos e innovacións apícolas.

O GIEEA participa no Master de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona

O GIEEA participa no Master de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona

Vai a ter lugar unha nova edición do Master de Agricultura Ecológica organizado por la Universitàt de Barcelona.

O II Feirón Eco

O II Feirón Eco

Avance: O II Gran Feirón Ecolóxico e Alternativo terá lugar o 17 de maio de 2015 no Parque da Visoureira no centro cultural en Guláns, Ponteareas

Bens Comúns, prácticas e debates

Bens Comúns, prácticas e debates

O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

I Xornadas. A Sostibilidade Ambiental Universitaria a Debate

I Xornadas. A Sostibilidade Ambiental Universitaria a Debate

Xavier Simón, en representación do GIEEA, vai a participar neste foro sobre a sostibilidade ambiental universitaria nun contexto europeo, centrado especialmente nas liñas de investigación ligadas á sostibilidade nas universidades galegas e as suas repercusións na propia institución, así como o seu potencial papel no liderado da sociedade

XVI Encontros co Millo Corvo

XVI Encontros co Millo Corvo

A Asociación Cultural Meiro de Bueu organiza os XVI Encontros co Millo Corvo do 28 ao 30 de marzo con diversas actividades como roteiros, obradoiros, presentación de libro, charlas e actuacións musicais.

xornadas “Crise e recuperación económica: novos retos para os dereitos dos consumidores”

Adicae Galicia-Consumidores Críticos, Responsables y Solidarios- vai celebrar ó longo dos vindeiros meses o ciclo de xornadas “Crise e recuperación económica: novos retos para os dereitos dos consumidores”. A PRIMEIRA DESTAS XORNADAS TERá LUGAR ESTE MARTES 11 DE MARZO A PARTIR DAS 17:30 HORAS NA FACULTADE DE CIENCIAS ECONóMICAS E EMPRESARIAIS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

III Edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal de Bueu

III Edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal de Bueu

O vindeiro domingo 16 de marzo celebrarase a III edición do mercado ecolóxico na Praza Massó, durante todo o día. Haberá diferentes actividades: obradoiros e tamén de 14.00 ás 16.00 h. un xantar ecolóxico que servirá Casa Quintela, previa reserva.

A COOPERATIVA ÁRBORE PREMIA A LABOR DO GIEEA

A COOPERATIVA ÁRBORE PREMIA A LABOR DO GIEEA

A Cooperativa de Consumo Consciente Árbore premia anualmente a través do Recoñecemento Social a labor de colectivos e persoas que traballan a prol dun consumo consciente e polo tanto de unha producción respectuosa co medio e coas persoas. Neste ano desde Árbore quixeron facer un recoñecemento ao traballo do GIEEA

O GIEEA participa nos obradoiros de aqui, xusto e ecolóxico

O GIEEA participa nos obradoiros de aqui, xusto e ecolóxico

O GIEEA ten participado nos obradoiros de Redondela e de Verín do Proxecto de aqui, xusto e ecolóxico mostrando iniciativas dinamizadoras do rural galego

Actividades de Custodia do Territorio nas Mariñas coruñesas e nas Terras do Mandeo

Actividades de Custodia do Territorio nas Mariñas coruñesas e nas Terras do Mandeo

Co obxectivo de fomentar as iniciativas de protección do territorio, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos, xunto coa Fundación Fragas do Mandeo, organiza do 22 de setembro ao 6 de outubro a II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na que se desenvolverán diversas actividades (conferencias, accións de voluntariado e xornadas de campo).

GIEEA participa en Mestrado Agricultura Ecolóxica

GIEEA participa en Mestrado Agricultura Ecolóxica

Moitos anos de docencia e experiencia no ámbito da agricultura ecolóxica avalan o Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona.

Ler todas
Publicacións Mundo Eco-Eco
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506