GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
V CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA E AGRICULTURA ECOLÓXICA
14/10/2013
O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que vai a ter lugar en Vigo os días 26, 27 e 28 de xuño de 2014. O lema desta edición é o de "Propostas agroecolóxicas ao industrialismo: recursos compartidos e respostas colectivas".
V CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA E AGRICULTURA ECOLÓXICA OBXECTIVO XERAL

No ámbito do V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica queremos discutir e aprender das propostas agroecolóxicas que se estean a desenvolver en Galiza, no Estado e no Mundo. Imos a tentar afondar nos recursos compartidos e nas respostas colectivas que van máis aló da lóxica dos grandes mercados, que superen as propostas economicistas. Avanzar nas propostas agroecolóxicas é unha tarefa colectiva, o protagonismo corresponde ás persoas, ás súas comunidades. Por iso facemos un chamamento a participar no V Congreso aos axentes sociais, a labregos/as, a políticos/as, a científicos/as, a estudantes, aos movementos sociais e ás persoas interesadas e ás súas comunidades.
Para a realización do Congreso contamos co patrocinio da Universidade de Vigo, da Fundación Juana de Vega e do Proxecto SUPURBFOOD e coa colaboración do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, da UVIGO-TV , de FIARE e da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica

ÁREAS TEMÁTICAS


O Congreso está estruturado segundo as tres dimensións da agroecoloxía (técnico-produtiva, política e sociocultural). Á súa vez, as tres dimensións desagréganse en áreas temáticas.

1. DIMENSIÓN TÉCNICO-PRODUTIVA
Abarca os traballos centrados na análise de innovacións agroecolóxicas nos ámbitos técnico produtivos vinculados a manexos agrogandeiros, aproveitamento de montes e recursos fitoxenéticos, como resposta á crise estrutural do capitalismo.

ÁREA TEMÁTICA 1. Agricultura e sistemas agrícolas agroecolóxicos
ÁREA TEMÁTICA 2. Produción animal e manexo agroecolóxico de sistemas gandeiros
ÁREA TEMÁTICA 3. Biodiversidade e Recursos Fitoxenéticos
ÁREA TEMÁTICA 4. Aproveitamento de montes e silvicultura agroecolóxica

2. DIMENSIÓN POLÍTICA
A dimensión política, tanto nos seus aspectos institucionais como non formais, é unha dimensión central da agroecoloxía. A análise dos aspectos normativos e institucionais entrelázanse coa análise das relaciones de poder e as súas distintas manifestacións ao longo do sistema agroalimentario, así como coa construción de alternativas e respostas políticas desde o colectivo.

ÁREA TEMÁTICA 5. Agroecoloxía, territorio e desenvolvemento rural
ÁREA TEMÁTICA 6. Sistemas agroalimentarios alternativos e agricultura urbana
ÁREA TEMÁTICA 7. Recursos compartidos, gobernanza e respostas colectivas
ÁREA TEMÁTICA 8. Feminismo e Agroecoloxía

3. DIMENSIÓN SOCIOCULTURAL

As estratexias agroecolóxicas de agricultores/as e gandeiros/as baséanse en valores e cosmovisións, manifestacións do común, que intentan superar os paradigmas tecnolóxicos do capitalismo. O coñecemento tradicional labrego en diálogo con saberes e valores de xustiza e sustentabilidade forte, son un mecanismo para superar as rixideces e as exclusións propias do sistema económico dominante.

ÁREA TEMÁTICA 9. Agroecoloxía, coñecemento e propiedade colectiva
ÁREA TEMÁTICA 10. Experiencias comunitarias de desenvolvemento humano
ÁREA TEMÁTICA 11. Ética, epistemoloxía e educación para a agroecoloxía

ENVÍO DE RESUMOS

Deberase remitir o resumo (ecoecoagro@uvigo.es), en arquivo de texto, cun máximo de 2 páxinas facendo constar: Autor/a; Titulo; Área Temática na que se propón incluír.

Fecha límite: 15 de marzo.
Resposta do Comité Científico: recibido o resumo, en 15 días recibira o 1º autor comunicación da aceptación ou rexeitamento.

ENVÍO DE TEXTOS COMPLETOS

Os textos presentaranse (ecoecoagro@uvigo.es) en arquivo de texto cun máximo de 20 páxinas, incluídos cadros, gráficas e bibliografía: papel A4, marxes simétricas de 2,5 cm., 1,5 de interliñado e letra verdana 11. Os autores poden indicar a preferencia de modalidade de presentación (oral ou poster).

Fecha límite: 2 de Maio
Resposta do Comité Científico: recibido o texto completo, nun prazo máximo de 15 días recibirá o 1º autor comunicación da aceptación ou rexeitamento.

A selección das comunicacións e a forma de presentación (oral ou póster) será definida polo Comité Científico.

IDIOMAS DO CONGRESO


O idioma do congreso será o galego. Textos e presentacións tamén serán aceptadas en castelán e portugués. Editarase libro con ISBN coas comunicacións seleccionadas.

DATAS DO CONGRESO

26, 27 e 28 de xuño de 2014

LUGAR DE CELEBRACIÓN


Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. Vigo. Podes encontrar información sobre a localización e posibles aloxamentos neste enlace.

TAXAS DE INSCRICIÓN E DATAS

Antes do 1 de Maio
Cota Ordinaria: 60 €
Estudantes e Desempregados: 30 €

A partir do 1 de Maio
Cota ordinaria: 90 €
Estudantes e Desempregados: 45 €

Para inscribirse coa taxa reducida será preciso presentar documento acreditativo da condición requirida.

A matricula da dereito a asistir a todas as actividades programadas, recibir os materiais do Congreso e o libro de actas con ISBN.

MODO DE REALIZAR O PAGO DA INSCRICIÓN

Matrícula desde Galicia ou Comunidade Autónoma do Estado:

Para realizar o pago da inscrición hai que facer unha transferencia á seguinte conta:
2080 5155 9730 4000 0250 indicando no concepto ECOECOAGRO, o nome e o DNI.

Matrícula desde o estranxeiro:

Para realizar o pago da inscrición hai que facer unha transferencia á seguinte conta:
ES31 2080 5155 9730 4000 0250 CAGLESMMXXX indicando no concepto ECOECOAGRO, o nome e o DNI.

Despois de realizado o pago é preciso enviar copia do xustificante de pago á secretaría do Congreso (fax: 986.812.401; ecoecoagro@uvigo.es) xunto coa folla de inscrición que se pode descargar pinchando neste enlace ou ao final desta entrada.

Pódese consultar o Programa do Congreso neste enlace

COMITÉ CIENTÍFICO

Alicia Puleo. Universidad de Valladolid
David Gallar Hernández. Instituto de Sociología y Estudios Campesinos, Córdoba
Dolores Raigón, Presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica/Agroecología (SEAE). Profesora da Universidad Politécnica de Valencia
Eduardo Corbelle. Universidade de Santiago de Compostela
Eduardo Spiaggi. Universidad Nacional de Rosario, Argentina
Emma Siliprandi. Universidade de Campinas, Brasil
Fernando Oliveira Baptista. Universidade Técnica de Lisboa.
Flaminia Ventura. Universitá di Perugia
Graciela Ottman. Universidad de Rosario, Argentina
Ignacio López Moreno. University of Wageningen
Isabel Vara. Instituto de Sociología y Estudios Campesinos, Córdoba
Javier García Lozano. Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia
Juan Manuel Intxaurrandieta. ITG Ganadero, Navarra
Jesús Mari Mangado. ITG Ganadero, Navarra
Jose Luis Saez. ITG Ganadero, Navarra
José Ramón Mauleón, Universidad de País Vasco
Lourenzo Férnandez Prieto. Universidade de Santiago de Compostela
Mamen Cuellar Padilla. Instituto de Sociología y Estudios Campesinos, Córdoba
Manuel Delgado Cabeza. Universidad de Sevilla
Marta Soler Montiel. Universidad de Sevilla
Pierluigi Milone. Universitá di Perugia
Santiago Sarandón. Universidad de la Plata, Argentina
Xan Pouliquen. Xestión Agrogandeira e Natureza
Xavier Simón Fernández. Universidade de Vigo
Paul Swagemakers. Universidade de Vigo

COMITÉ DE ORGANIZACIÓN


Marta Soler Montiel. Universidad de Sevilla
David Pérez Neira. Universidad Pablo de Olavide
María Dolores Domínguez García. Universidade de Vigo
Xavier Simón Fernández. Universidade de Vigo
Paul Swagemakers. Universidade de Vigo
Daniel Vázquez Meréns. Universidade de Vigo
Damián Copena Rodríguez. Universidade de Vigo

MÁIS INFORMACIÓN


Secretaría do Congreso
Teléfono: 986.812.506
Enderezo electrónico: ecoecoagro@uvigo.es
Páxina web: http://webs.uvigo.es/economiaecoloxica/
Volver
Novas destacadas
GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Grazas ao bo facer da UVIGOtv xa están dispoñibles para a súa consulta libre e gratuíta os vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte".

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Na seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Programa completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía xa está dispoñible coas comunicacións orais e os posters participantes

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

O aproveitamento sustentable con fins enerxéticos da biomasa é un dos campos aos que prestamos atención desde o GIEEA. Esta será a temática que abordará o Doutor Damián Copena, membro do GIEEA, na Xornada organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid o vindeiro 7 de maio, denomianda "Jornada Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía".

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Bens Comúns, prácticas e debates

Bens Comúns, prácticas e debates

O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio  proxecto do 7º Programa Marco

GIEEA, socio proxecto do 7º Programa Marco

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) esta a participar nun proxecto europeo denominado SUPURBFOOD xunto con membros doutros países como Holanda, Italia, Bélxica, Reino Unido, Letonia e Suiza.

Ler todas
Publicacións destacadas
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506