GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
VI Congreso internacional de Agroecoloxía
12/02/2016
O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai a ter lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño de 2016. O lema escollido para esta edición é o de “Cambiando os modelos de consumo para construír sistemas agroalimentarios sustentables”
VI Congreso internacional de AgroecoloxíaOBXECTIVO XERAL
O VI Congreso Internacional de Agroecoloxía, con motivo do décimo aniversario do inicio desta actividade científica, queremos que supoña un punto de inflexión no seu desenvolvemento. Sendo importante a tecnoloxía innovadora para producir alimentos, o centro da nosa atención deben ser as persoas, as comunidades que comparten e as institucións das que forman parte para construírmos de xeito inmediato novos sistemas agroalimentarios: os cambios sociais son máis espontáneos que os tecnolóxicos, e as decisións políticas son urxentes, cada vez máis. Non podemos seguir agardando a cambios tecnolóxicos salvadores: é urxente tomar xa decisións sociais, introducir cambios institucionais e políticos para solucionar problemas económicos, sociais e ambientais.
O VI Congreso Internacional de Agroecoloxía é unha chamada a científicxs, movementos sociais, empresas, persoas e comunidades para compartillar os procesos de innovación social, política e institucional nos que esas entidades están inseridos. Eses procesos innovadores servirán para construírmos novos sistemas agroalimentarios que respondan adecuadamente aos problemas impostergábeis do cambio climático e da fame.

ÁREAS TEMÁTICAS
O Congreso está estruturado segundo tres dimensións e dez áreas temáticas.
1. DIMENSIÓN TÉCNICO-PRODUTIVA
ÁREA TEMÁTICA 1. Manexo agroecolóxico de sistemas
ÁREA TEMÁTICA 2. Estratexias para a conservación da biodiversidade.
ÁREA TEMÁTICA 3. Cadea agroalimentaria, distribución e conservación de alimentos
2. DIMENSIÓN POLÍTICA
ÁREA TEMÁTICA 4. As institucións públicas como demandantes de alimentos.
ÁREA TEMÁTICA 5. Acción social e comunitaria: mobilizando recursos abandonados e construíndo solucións para a subalimentación.
ÁREA TEMÁTICA 6. Economía global e acción local.
ÁREA TEMÁTICA 7. Feminismo e Agroecoloxía.
3. DIMENSIÓN SOCIOCULTURAL
ÁREA TEMÁTICA 8. Novas formas de coñecemento e de propiedade para a sustentabilidade.
ÁREA TEMÁTICA 9. Experiencias comunitarias de desenvolvemento humano.
ÁREA TEMÁTICA 10. Ética, epistemoloxía e educación para a agroecoloxía.

No Congreso existen Grupos de Traballo de temáticas específicas. Concretamente:
Grupo de Traballo de NOVOS MERCADOS DE CONSUMO DE ALIMENTOS E METABOLISMO SOCIAL
Grupo de Traballo sobre O SECTOR PÚBLICO COMO DEMANDANTE DE ALIMENTOS
Grupo de Traballo sobre FEMINISMO, AGROECOLOXÍA E COIDADOS
Grupo de Traballo de AGRICULTURA SOCIAL E TERAPEÚTICA

Existen dúas modalidades de participación: Presentación de Experiencias e Presentación de Comunicación

PRESENTACIÓN DE EXPERIENCIAS PRODUTIVAS E DE CONSUMO
O VI Congreso Internacional de Agroecoloxía quer constituír un espazo para a presentación de experiencias innovadoras no ámbito produtivo ou no de consumo, que se desenvolvan dentro do ámbito agroecolóxico, incluíndo as propostas de agricultura orgánica.

ENVÍO DE RESUMOS
Deberase remitir o resumo (agroecoloxia2016@uvigo.es) en arquivo de texto, cun máximo de 2 páxinas facendo constar: Autor/a; Título da Experiencia; e as seguintes cuestións: En que consiste/n a/s experiencia/s? Cales son os seus obxectivos? Como xurdiu a/s iniciativa/s? Cales son os elementos críticos e os limitantes cos que conta/n? Cal é a situación actual da iniciativa e como se ve o seu futuro?
Fecha límite: 2 de maio
Resposta do Comité Organizador: recibido o resumo, en 15 días remitirase a decisión de aceptación ou rexeitamento da presentación da experiencia.

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS
ENVÍO DE RESUMOS
Deberase remitir o resumo (agroecoloxia2016@uvigo.es) en arquivo de texto, cun máximo de 2 páxinas facendo constar: Autor/a; Titulo; Área Temática na que se propón incluír.
Fecha límite: 6 de abril
Recibido o resumo, en 15 días o Comité Científico remitirá ó 1º autor/a e-mail indicando a súa aceptación ou rexeitamento.
ENVÍO DE TEXTOS COMPLETOS
Para os resumos aceptados, os textos completos presentaranse (agroecoloxia2016@uvigo.es) en arquivo de texto cun máximo de 15 páxinas, incluídos cadros, gráficas e bibliografía: papel A4, marxes simétricas de 2,5 cm., 1,5 de interliñado e letra verdana 12.
Fecha límite: 2 de maio
Recibido o texto completo, en 15 días o Comité Científico remitirá ó 1º autor/a e-mail indicando a súa aceptación ou rexeitamento. Nese mesmo envío indicarase a forma de presentación (oral ou póster).
Nota: as normas anteriores son de obrigado cumprimento.

EDICIÓN DE MATERIAIS
Editarase libro con ISBN cunha selección das comunicacións aceptadas para a súa presentación no Congreso.
Editaranse vídeos específicos coas presentacións das experiencias produtivas e de consumo, e con algunhas comunicacións.

IDIOMAS DO CONGRESO
O idioma do congreso será o galego. Textos e presentacións tamén serán aceptadas en castelán, portugués e inglés.

LUGAR DE CELEBRACIÓN
Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. Vigo.

TAXAS DE INSCRICIÓN E DATAS
Antes do 1 de Maio
- Cota ordinaria: 60 €
- Estudantes e desempregados/as: 30 €
A partir do 1 de Maio
- Cota ordinaria: 90 €
- Estudantes e desempregados/as: 45 €
Para inscribirse coa taxa reducida será preciso presentar documento acreditativo da condición requirida. No caso de coexistir a situación de estudante coa de traballador/a tomarase en conta esta última para fixar a taxa de inscrición.
A matrícula dá dereito a asistir a todas as actividades programadas, recibir os materiais do Congreso e o libro de actas con ISBN.

MODO DE REALIZAR O PAGO DA INSCRICIÓN
Matrícula desde Galicia ou Comunidade Autónoma do Estado:
Para realizar o pago da inscrición hai que facer unha transferencia á seguinte conta:
2080 5155 9730 4000 0250
Indicando no concepto ECOECOAGRO, o nome e o DNI.
Titular da conta: Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)

Matrícula desde o estranxeiro:
Para realizar o pago da inscrición hai que facer unha transferencia á seguinte conta:
IBAN: ES31 2080 5155 9730 4000 0250
BIC: CAGLESMMXXX
Titular da conta: Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)
Indicando no concepto ECOECOAGRO, o nome e o DNI.

Despois de realizado o pago é preciso enviar copia do xustificante de pago á secretaría do Congreso a:
(agroecoloxia2016@uvigo.es); fax: 986.812.401 xunto coa folla de inscrición que se pode descargar en:
http://economiaecoloxica.webs.uvigo.es/docs/novas/51/formulario-vca_galego.pdf

COMITÉ CIENTÍFICO
Jesús Madera Pacheco. Universidad Autónoma de Nayarit (México)
Marta Soler Montiel. Universidad de Sevilla
Santiago Sarandón. Universidad de la Plata (Arxentina).
Isabel Mourão. Escola Superior Agraria (Portugal)
Simón Pérez Martínez. Universidad Estatal de Milagro (Ecuador)
Emma Siliprandi. Universidade Internacional de Andalucía
Jorge Tavares. Universidade de Pernanbuco (Brasil)
David Pérez Neira. Universidad de León
Lourenzo Férnandez Prieto. Universidade de Santiago de Compostela
Manuel Delgado Cabeza. Universidad de Sevilla

COMITÉ DE ORGANIZACIÓN
David Pérez Neira. Universidad de León
Xavier Simón Fernández. Universidade de Vigo
Damián Copena Rodríguez. Universidade de Vigo
Dolores Domínguez. Universidade de Vigo
Paul Swagmakers. Universidade de Vigo
Volver
Novas destacadas
O GIEEA organiza o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

O GIEEA organiza o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Entre os días 13 e 16 do mes de setembro vai ter lugar en Gondomar o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte". Este Curso está organizado polo GIEEA e contará coa presenza de diferentes proxectos e iniciativas vinculadas coa xestión e a dinamización do monte en Galicia.

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Na seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Programa completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía xa está dispoñible coas comunicacións orais e os posters participantes

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

O aproveitamento sustentable con fins enerxéticos da biomasa é un dos campos aos que prestamos atención desde o GIEEA. Esta será a temática que abordará o Doutor Damián Copena, membro do GIEEA, na Xornada organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid o vindeiro 7 de maio, denomianda "Jornada Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía".

VI Congreso internacional de Agroecoloxía

VI Congreso internacional de Agroecoloxía

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai a ter lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño de 2016. O lema escollido para esta edición é o de “Cambiando os modelos de consumo para construír sistemas agroalimentarios sustentables”

Grupo de Traballo do VI Congreso: AGRICULTURA SOCIAL E TERAPEÚTICA

Grupo de Traballo do VI Congreso: AGRICULTURA SOCIAL E TERAPEÚTICA

Dentro do ámbito del VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise desenvolver un Grupo de Traballo sobre a temática da Agricultura Social e Terapéutica

Grupo de Traballo do VI Congreso: FEMINISMO, AGROECOLOXÍA E COIDADOS

Grupo de Traballo do VI Congreso: FEMINISMO, AGROECOLOXÍA E COIDADOS

Dentro do ámbito do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise crear un Grupo de Traballo sobre a temática do Feminismo,Agroecoloxía e Coidados

Grupo de Traballo do VI Congreso: O SECTOR PÚBLICO COMO DEMANDANTE DE ALIMENTOS

Grupo de Traballo do VI Congreso: O SECTOR PÚBLICO COMO DEMANDANTE DE ALIMENTOS

Dentro do ámbito do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise desenvolver un Grupo de Traballo sobre a temática do sector público como demandante de alimentos

Grupo de Traballo do VI Congreso: NOVOS MERCADOS DE CONSUMO DE ALIMENTOS E METABOLISMO SOCIAL

Grupo de Traballo do VI Congreso: NOVOS MERCADOS DE CONSUMO DE ALIMENTOS E METABOLISMO SOCIAL

Dentro do ámbito do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía vaise desenvolver un Grupo de Traballo sobre a temática de novos mercados de consumo de alimentos e metabolismo social

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Bens Comúns, prácticas e debates

Bens Comúns, prácticas e debates

O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio  proxecto do 7º Programa Marco

GIEEA, socio proxecto do 7º Programa Marco

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) esta a participar nun proxecto europeo denominado SUPURBFOOD xunto con membros doutros países como Holanda, Italia, Bélxica, Reino Unido, Letonia e Suiza.

Ler todas
Publicacións destacadas
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506