GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua.
09/03/2018
O GIEEA segue a traballar no coñecemento sobre o Método Biointensivo e a súa aplicación en diversos territorios e espazos socioeconómicos. Nas últimas semanas, temos participado en diversas actividades para fortalecer o MBI.
Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua. O GIEEA segue a traballar no coñecemento sobre o Método Biointensivo e a súa aplicación en diversos territorios e espazos socioeconómicos. Nas últimas semanas, temos participado en diversas actividades para fortalecer o MBI. Neste caso estivemos en Nicaragua, o país do mundo con maior difusión do método. Diversas razóns explican este feito. A principal é a existencia de un grupo dinamizador que nos últimos 10 anos ten realizado numerosos traballos de formación de produtores e produtoras para a implantación do método. Débese nomear a Bionica, a organización que traballa para apoiar a agricultura sustentable para pequenos produtores no país centroamericano. Outra razón, e para nós unha das máis potentes, é a implicación nos procesos de supervivencia comunitaria das propias comunidades, e sobre todo das mulleres.
O Método Biointensivo pretende producir alimentos, alimentos sans para o consumo e a reprodución da familia mediante os recursos locais, sendo os dous principais recursos a terra e o traballo. Nese proceso, en Nicaragua, as mulleres están a ser claves. Claves para organizar a actividade produtiva biointensiva dentro das familias e das comunidades. Claves para tecer alianzas con outras comunidades e organizacións externas, que fortalecen o desenvolvemento do método. E sobre todo, claves para o proceso de auto fortalecemento e liberación das mulleres para contribuír á redución da inseguridade alimentaria das familias e das comunidades. E todo, dentro dun país como Nicaragua, que ten algúns dos índices máis baixos de seguridade alimentara no continente americano, malia mellora ocorrida nos últimos anos.
Entre as experiencias que podemos nomear está a Federación Entre Mujeres, en Estelí, ao norte do país. Xunto co traballo co Método Biointensivo esta organización comunitaria desenvolve outras estratexias de desenvolvemento comunitario en apoio á mulleres das case 80 comunidades que forman parte da organización. Entre elas, podemos nomear a produción de café orgánico e as estratexias para a recuperación de sementes “criollas”. Outras experiencia biointensivas en Nicaragua inclúen Quinta Gualca, Nicafoto, Artistas para la Sopa e moitos outros.
O noso traballo en Nicaragua co Método Biointensivo insírese nunha colaboración con Amigos de la Tierra. Traballamos en tres territorios de Nicaragua para estender este sistema de produción a partir do empoderamento das propias comunidades. Estas encóntranse no Departamento de Madriz, ao norte de Nicaragua; na Illa de Ometepe, no lago Cocibolca; e na sur do país, en Los Guatuzos. Nos tres territorios o principal obxectivo do proxecto é dar apoio técnico, económico e político para que as comunidades locais desenvolvan actividades que lles permitan reducir a súa inseguridade alimentaria.
Volver
Novas destacadas
O GIEEAH participa no III Congresso Europeu das Áreas Comunitárias

O GIEEAH participa no III Congresso Europeu das Áreas Comunitárias

O investigador do GIEEA Damián Copena vai paticipar neste evento organizado pola BALADI-Federação Nacional dos Baldios. O Congreso terá lugar o día 7 de Outubro en Miranda do Corvo (Portugal)

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

Organizado polo Instituto de Estudios Campensinos (ISEC), da Universidad de Córdoba, Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA) e o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia (GIEEAH), da Universidade de Vigo, celebrarase os días 30, 31 de maio e 1 de xuño, na cidade de Córdoba.

Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua.

Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua.

O GIEEA segue a traballar no coñecemento sobre o Método Biointensivo e a súa aplicación en diversos territorios e espazos socioeconómicos. Nas últimas semanas, temos participado en diversas actividades para fortalecer o MBI.

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo coorganiza xunto coas amigas do Instituto de Sociología y Estudios Campesinos (ISEC)da Universidad de Córdoba e o Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA)o VII Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai ter lugar en Córdoba os días 30, 31 de maio e 1 de xuño de 2018.

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O investigador do GIEEA Damián Copena vai participar no evento que está a organizar Fedderação Nacional dos Baldios (BALADI). A VI Conferência Nacional dos Baldios ten lugar o día 2 de xullo en Vila Real (Portugal).

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

GIEEA forma parte dun consorcio que vai desenvolver un proxecto sobre agricultura biointensiva en Nicaragua. O proxecto está liderado por Amigos de la Tierra.

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse neste novo curso que terá lugar en Bueu. O curso está organizado polo GIEEA e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

O traballo do membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, Damián Copena Rodríguez, foi escollido como gañador da terceira edición do premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperación na modalidade de Teses de Doutoramento. O Premio, que é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e a Fundación Feiraco, foi entregado o pasado luns en Santiago de Compostela.

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Grazas ao bo facer da UVIGOtv xa están dispoñibles para a súa consulta libre e gratuíta os vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte".

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Na seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Programa completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía xa está dispoñible coas comunicacións orais e os posters participantes

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

O aproveitamento sustentable con fins enerxéticos da biomasa é un dos campos aos que prestamos atención desde o GIEEA. Esta será a temática que abordará o Doutor Damián Copena, membro do GIEEA, na Xornada organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid o vindeiro 7 de maio, denomianda "Jornada Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía".

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Bens Comúns, prácticas e debates

Bens Comúns, prácticas e debates

O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio  proxecto do 7º Programa Marco

GIEEA, socio proxecto do 7º Programa Marco

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) esta a participar nun proxecto europeo denominado SUPURBFOOD xunto con membros doutros países como Holanda, Italia, Bélxica, Reino Unido, Letonia e Suiza.

Ler todas
Publicacións destacadas
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506