GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
VII Congreso Internacional de Agroecoloxía
01/05/2018
Organizado polo Instituto de Estudios Campensinos (ISEC), da Universidad de Córdoba, Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA) e o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia (GIEEAH), da Universidade de Vigo, celebrarase os días 30, 31 de maio e 1 de xuño, na cidade de Córdoba.
VII Congreso Internacional de AgroecoloxíaTempos de crises ambientais, políticas e sociais. Tempos onde a alimentación, as terras e a biodiversidade é acaparada e gobernada por un mercado globalizado. A agroecoloxía, como paradigma científico e como filosofía de acción, pertence ao campo das alternativas para construír outros mundos: máis sustentables, máis xustos, máis próximos á soberanía alimentaria.
Por iso a agroecoloxía non pode ser só unha técnica ou un método de produción a intensificar. Tampouco pode encerrarse nun selo de certificación para mercados e consumos chamados ecolóxicos. Con todo, o concepto de agroecoloxía empeza a ser cooptado por organizacións internacionais, institucións académicas e políticas públicas que o utilizan sen alterar o marco (insustentable) da globalización alimentaria. Pérdese o seu contido profundo (social, ambiental, político). Asúmese como un proceso técnico e de xestión de novos mercados agroalimentarios. Nas revistas científicas a agroecoloxía empeza a ser encerrada nunha visión parcial e cada vez máis purificada desde a obxectividade e a neutralidade. A “agroecoloxía científica” faise cada vez máis autorreferencial e afastada dos procesos socioambientais nos que se pelexa para defender a vida fronte á agricultura espoliadora do capitalismo.
Por iso, temos a necesidade de repolitizar a agroecoloxía, de reivindicar a toma de posición na loita pola vida desde procesos colectivos, emancipadores e sustentables. Reivindicar as rebeldías fronte á globalización da fames e a malnutrición, a concentración de poder en mans das transnacionais, os ecocidíos e os epistemicidíos. Reivindicamos por iso as loitas polo territorio, a demanda dunha soberanía alimentaria, o dereito á alimentación, tal e como realizan os movementos sociais campesiños, indíxenas ou aquelas redes que promoven o decrecemento con criterio de xustiza global. A lóxica do libre comercio neoliberal segue provocando fame, dor e destrución; a concentración de poder desde as empresas de sementes, químicos biocidas e tecnoloxía continúan a súa carreira de privatización e mercantilización da vida; o acaparamento de terras en todo o mundo enfróntase á reivindicación desde a soberanía alimentaria dunha reforma agraria integral; as condicións de traballo no campo de veciños e emigrantes segue a ser un horror social; o poder da gran distribución pretende apoderarse de todos os mercados; as políticas públicas seguen rendéndose aos “lobbys” da industria; as mulleres no medio rural seguen como subalternas da subalternidade; etc. Desde “A Vía Campesiña”, nos seus diferentes momentos históricos, foros de soberanía alimentaria, Nyelení ou na actualidade desde a súa VII Conferencia, xunto cos movementos afíns, séguese denunciando e pelexando por cambiar este modelo agroalimentario, do mesmo xeito que todos os colectivos e experiencias que nos distintos territorios pelexan pola soberanía alimentaria e a agroecoloxía.
Entendemos que a agroecoloxía é, sobre todo, unha visión política para a construción de novas sociedades para unha urxente resposta aos problemas globais. Novos mundos, a escala local e nun plano global, nos que poñamos a vida no centro. O obxectivo será poñer en pé procesos que coiden e sosteñan corpos e territorios de forma sustentable. Onde a produción, a distribución e o consumo de alimentos sexan ambientalmente sans, socialmente xustos, económicamente viables, culturalmente apropiados, completos nutricionalmente, a través de sistemas agroalimentarios relocalizados. A agroecoloxía é política, a agroecoloxía é o camiño para a construción das nosas soberanías alimentarias.
Apostamos por unha agroecoloxía que desafíe as explicacións que o propio sistema agroalimentario especulativo e globalizado nos dá sobre: o fame, a pobreza rural, a malnutrición, o cambio climático ou o consumo ecolóxico (como nicho de mercado). Para iso hai que seguir redescubrindo, acompañando e construíndo prácticas e experiencias agroecolóxicas en todos os recunchos do planeta, desde a agricultura campesiña e a agricultura familiar ata os modelos de consumo e as culturas alimentarias sustentables. Apoiando alternativas que nos van articulando outros mundos: desde o intercambio de sementes de variedades locais entre agricultoras, ata a defensa de alimentos xustos e sans; pasando por sistemas de certificación apropiados, circuítos curtos sustentábeis e a defensa colectiva do patrimonio agrario; creando sinerxías para unha agroecoloxía política.
Porque a agroecoloxía é autonomía, é creatividade, é procesos colectivos, é cooperación social ancorada nos nosos territorios. A agroecoloxía é ciencia, é práctica e movemento. É terra, unidade produtiva e sistema agroalimentario. É movementos sociais e políticas públicas. E terá que ser feminista ou non será: debe abrazar a vida e deixar de invisibilizar ás mulleres e o seu papel na reprodución da mesma; romper os moldes do patriarcado e as súas formas de dominación sobre a natureza e sobre as persoas; construír espazos e prácticas de igualdade, de empoderamento colectivo, de liberdade de decisión e de novas formas de valorar a vida desde economías feministas e economías ecolóxicas.
Por todo iso, estamos imaxinando este congreso agroecolóxico como un espazo de encontros e intercambios. Buscamos construír sinerxías e alimentar apoios entre o mundo académico, o político, o social e o conxunto de redes que parten de iniciativas concretas: os nosos grupos de traballo estarán compostos por integrantes destes mundos; lanzaremos colectivamente reflexións políticas sobre os grandes temas que nos preocupan e sobre as alternativas que queremos axudar a construír. Pretendemos ademais peneirar coa cor agroecolóxica á cidade de Córdoba. Para goce de todas as que vindes/vides de fóra e para que a xente de aquí redescubra outra nova cidade e outro mundo posible.
Desde o comité organizador invitámosvos a participar en calquera das opcións que vos propoñemos: tanto a través dos grupos de traballo, presentando comunicacións ou póster, asistindo aos relatorios e mesas redondas, aos distintos talleres con colectivos e experiencias, propoñendo e/ou gozando das actividades agroecolóxicas de lecer e culturais, e en todos os casos sumando ideas que alimenten este congreso.
Esperámosvos en Córdoba os días 30, 31 de maio e 1 de xuño de 2018 para compartir agroecoloxía e tamén sabores, cores e calores andaluzas.
¡Globalicemos a loita, globalicemos a esperanza!
Por un mundo rural vivo.
Volver
Novas destacadas
VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

Organizado polo Instituto de Estudios Campensinos (ISEC), da Universidad de Córdoba, Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA) e o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia (GIEEAH), da Universidade de Vigo, celebrarase os días 30, 31 de maio e 1 de xuño, na cidade de Córdoba.

Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua.

Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua.

O GIEEA segue a traballar no coñecemento sobre o Método Biointensivo e a súa aplicación en diversos territorios e espazos socioeconómicos. Nas últimas semanas, temos participado en diversas actividades para fortalecer o MBI.

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo coorganiza xunto coas amigas do Instituto de Sociología y Estudios Campesinos (ISEC)da Universidad de Córdoba e o Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA)o VII Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai ter lugar en Córdoba os días 30, 31 de maio e 1 de xuño de 2018.

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O investigador do GIEEA Damián Copena vai participar no evento que está a organizar Fedderação Nacional dos Baldios (BALADI). A VI Conferência Nacional dos Baldios ten lugar o día 2 de xullo en Vila Real (Portugal).

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

GIEEA forma parte dun consorcio que vai desenvolver un proxecto sobre agricultura biointensiva en Nicaragua. O proxecto está liderado por Amigos de la Tierra.

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse neste novo curso que terá lugar en Bueu. O curso está organizado polo GIEEA e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

O traballo do membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, Damián Copena Rodríguez, foi escollido como gañador da terceira edición do premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperación na modalidade de Teses de Doutoramento. O Premio, que é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e a Fundación Feiraco, foi entregado o pasado luns en Santiago de Compostela.

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Grazas ao bo facer da UVIGOtv xa están dispoñibles para a súa consulta libre e gratuíta os vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte".

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Na seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Programa completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía xa está dispoñible coas comunicacións orais e os posters participantes

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

O aproveitamento sustentable con fins enerxéticos da biomasa é un dos campos aos que prestamos atención desde o GIEEA. Esta será a temática que abordará o Doutor Damián Copena, membro do GIEEA, na Xornada organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid o vindeiro 7 de maio, denomianda "Jornada Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía".

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Bens Comúns, prácticas e debates

Bens Comúns, prácticas e debates

O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio  proxecto do 7º Programa Marco

GIEEA, socio proxecto do 7º Programa Marco

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) esta a participar nun proxecto europeo denominado SUPURBFOOD xunto con membros doutros países como Holanda, Italia, Bélxica, Reino Unido, Letonia e Suiza.

Ler todas
Publicacións destacadas
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506