GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Economía ecolóxica
Economía ecolóxicaA motivación central da economía ecolóxica é reconstruír o sistema económico de modo que a sustentabilidade sexa posíbel. A economía ecolóxica propón que a teoría económica integre o concepto de “throughput”, entendido como un fluxo de materia e enerxía sometido ás leis da termodinámica que comeza coa extracción dos ecosistemas de materia e enerxía de baixa entropía e alto potencial de traballo, continua coa súa transformación en bens de consumo, capital e servizos pola economía e finaliza coa introdución de desfeitos, materia e enerxía de alta entropía e baixo traballo, nos ecosistemas.

Mentres que na visión convencional a economía contén aos ecosistemas, na economía ecolóxica o ecosistema contén á economía: o sistema económico é un subsistema do sistema social e ambos son parte da biosfera. Entón, o dominio da economía ecolóxica confórmano todas as interaccións entre os sectores socioeconómicos (humanos) e ecolóxicos (non humanos).

Como consecuencia de todo isto a noción de sustentabilidade que defenden e perseguen os que traballamos no ámbito da economía ecolóxica está moi afastado da noción convencional: fronte á visión antropocéntrica na que as escasezas sempre son relativas e na que a actuación humana, a través, do progreso tecnolóxico, superará calquera rixidez ou limitación que se presente no devir histórico da humanidade, a sustentabilidade no paradigma da economía ecolóxica constrúese a partir das seguintes premisas:

Os sistemas económicos son abertos, intercambiando enerxía, materiais e información cos sistemas ambientais.
O proceso económico é un proceso entrópico. É dicir, o proceso económico xera irreversibilidades, perda de calidade: transforma recursos materiais e enerxéticos valiosos en desperdicios sen valor.
Novas Economía ecolóxica
VI Congreso internacional de Agroecoloxía

VI Congreso internacional de Agroecoloxía

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai a ter lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño de 2016. O lema escollido para esta edición é o de “Cambiando os modelos de consumo para construír sistemas agroalimentarios sustentables”

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

O GIEEA participou no VII Congreso Apícola Hispánico

O GIEEA participou no VII Congreso Apícola Hispánico

Os días 3, 4 e 5 de outubro tivo lugar en Santiago de Compostela o VII Congreso Apícola Hispánico. No evento ten participado o GIEEA coa ponencia "O patrimonio apícola cereiro tradicional: un achegamento ao caso galego"

O GIEEA participa no Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona

O GIEEA participa no Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona

Moitos anos de docencia e experiencia no ámbito da agricultura ecolóxica avalan o Mestrado de Agricultura Ecolóxica organizado pola Universitàt de Barcelona.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Manfred Max-Neef no V Congreso de Agroecoloxía

Manfred Max-Neef no V Congreso de Agroecoloxía

O economista chileno Manfred Max-Neef cerrará o V Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica que organiza o GIEEA. A súa palestra leva por título “Una economía para servir a las personas y a la vida”.

O GIEEA participa nos obradoiros de aqui, xusto e ecolóxico

O GIEEA participa nos obradoiros de aqui, xusto e ecolóxico

O GIEEA ten participado nos obradoiros de Redondela e de Verín do Proxecto de aqui, xusto e ecolóxico mostrando iniciativas dinamizadoras do rural galego

Alimentos Quilométricos ou a insustentabilidade do sistema alimentario

Alimentos Quilométricos ou a insustentabilidade do sistema alimentario

A Universidade de Vigo a través do GIEEA, a Universidade de Sevilla e a Universidade Pablo Olavide, xunto con Amigos de la Tierra, colaboramos para demostrar a insustentabilidade do sistema agrario convencional e para demandar o dereito dos pobos a protexer o seu sistema agrario tradicional e o dereito das persoas a comer san e seguro.

Ler todas
Publicacións Economía ecolóxica
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506