GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Monte
MonteTradicionalmente o monte foi a base do sistema agrario galego, permitindo a subsistencia das comunidades locais, ó subministrar alimentos, madeira, pastos para o gando e estrume para producir a fertilización necesaria para as terras de cultivo.

Sen embargo, na actualidade a maior parte dos nosos montes están deixando de percibirse como unha fonte de riqueza, ó atópanse en estado de abandono. Esta realidade está propiciando a propagación dun dos grandes problemas ambientais e sociais de hoxendía como é o dos lumes forestais..

Calquera intento de dinamizar o mundo rural ten que ter moi presente que o monte constitúe máis de tres cuartas partes do territorio galego. Ademais, compre ter en conta que unha boa parte dese monte é de propiedade veciñal/comunal.

Dende o GIEEA apoiamos e fomentamos as iniciativas innovadoras relacionadas co monte que xa existen e as que comezan a agromar por toda Galiza, as que parten das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, da unión cooperativa das labregas e dos labregos e das unións de propietarios privados dos montes.

O aproveitamento racional, a xestión sustentable dos recursos que nos subministra o monte e o coñecemento tradicional asociado teñen que ser claves para a fixación de poboación e a mellora da vida no mundo rural.

Compre fomentar as iniciativas multifuncionais na que se conxuguen elementos forestais co silvopastoralismo, co aproveitamento dos recursos micolóxicos, cos pequenos froitos, etc. mais tamén co fomento da biodiversidade e co lecer das persoas do rural.
Novas Monte
O GIEEAH participa na xornada O MONTE GALEGO DO SÉCULO XXI

O GIEEAH participa na xornada O MONTE GALEGO DO SÉCULO XXI

A xornada, organizada polo Foro Económico de Galicia, abordou as posibilidades existentes nos recursos madeireiros, nos recursos non madeireiros con valor de mercado e nos recursos sen valor de mercado.

Curso de Formación Boas Prácticas nos Montes Veciñais en Man Común

Curso de Formación Boas Prácticas nos Montes Veciñais en Man Común

Dentro do obxectivo de avanzar no manexo sustentable dos recursos naturais mediante a acción colectiva nas propiedades comunitarias, o GIEEAH organiza un Curso de Formación sobre as boas prácticas nos montes veciñais en man común

O GIEEAH participa no III Congresso Europeu das Áreas Comunitárias

O GIEEAH participa no III Congresso Europeu das Áreas Comunitárias

O investigador do GIEEA Damián Copena vai paticipar neste evento organizado pola BALADI-Federação Nacional dos Baldios. O Congreso terá lugar o día 7 de Outubro en Miranda do Corvo (Portugal)

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O investigador do GIEEA Damián Copena vai participar no evento que está a organizar Fedderação Nacional dos Baldios (BALADI). A VI Conferência Nacional dos Baldios ten lugar o día 2 de xullo en Vila Real (Portugal).

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse neste novo curso que terá lugar en Bueu. O curso está organizado polo GIEEA e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Grazas ao bo facer da UVIGOtv xa están dispoñibles para a súa consulta libre e gratuíta os vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte".

O GIEEA organiza o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

O GIEEA organiza o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Entre os días 13 e 16 do mes de setembro vai ter lugar en Gondomar o Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte". Este Curso está organizado polo GIEEA e contará coa presenza de diferentes proxectos e iniciativas vinculadas coa xestión e a dinamización do monte en Galicia.

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Na seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

O aproveitamento sustentable con fins enerxéticos da biomasa é un dos campos aos que prestamos atención desde o GIEEA. Esta será a temática que abordará o Doutor Damián Copena, membro do GIEEA, na Xornada organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid o vindeiro 7 de maio, denomianda "Jornada Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía".

O GIEEA continua asesorando a axentes rurais nos parques eólicos en tramitación

O GIEEA continua asesorando a axentes rurais nos parques eólicos en tramitación

Os membro do GIEEA continúan a realizar tarefas de asesoramento a propietarios, concellos e plataformas en relación aos parques eólicos que se atopan en tramitación administrativa

O GIEEA participa na II Xornada Froitos do noso monte

O GIEEA participa na II Xornada Froitos do noso monte

A Xornada, que está organizada por Montes de Vigo, terá lugar o día 13 de novembro, analiza as alternativas apra os Montes Veciñais de Vigo.

O GIEEA participa no III Foro Apícola

O GIEEA participa no III Foro Apícola

O III Foro Apícola, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, terá lugar o vindeiro 6 de xuño en Arzúa. No evento trataranse os temas máis actuais do ámbito da apicultura e se presentarán estudos e innovacións apícolas.

O GIEEA ten participado no II Congreso Internacional sobre Educación e sOcialización do pAtrimonio no Medio Rural

O GIEEA ten participado no II Congreso Internacional sobre Educación e sOcialización do pAtrimonio no Medio Rural

No Congreso SOPA o GIEEA ten presentado o traballo "A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO APÍCOLA CEREIRO TRADICIONAL: ANÁLISE DA EXPERIENCIA COMUNITARIA DA CMVMC DE PARAÑOS (O COVELO)".

GIEEA participa en Curso da UIMP organizado polo IEM

GIEEA participa en Curso da UIMP organizado polo IEM

Baixo o lema, A Explotación Multifuncional do Monte, a Universidad Internacional Menéndez Pelayo organiza un Curso de moito interese na primeira semana de Outubro no que participará Xavier Simón.

O Concello de Bueu confía ao GIEEA a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Local

O Concello de Bueu confía ao GIEEA a elaboración dun Plan de Desenvolvemento Local

Na semana pasada, a entidade local buenense e o GIEEA asinaron o protocolo polo que a Universidade de Vigo recibiu a encomenda de elaborar un Plan de Desenvolvemento Local.

O GIEEA visita Cotobade para asesoramento a propietarios de monte

O GIEEA visita Cotobade para asesoramento a propietarios de monte

Convidados pola Mancomunidade de Montes en Man Común de Cotobade (Pontevedra), investigadores do GIEEA participaron o luns 8 de xullo nun encontro con propietarios para transferir coñecemento e facilitar a toma de acordos polas asembleas de propietarios.

Cartografías Sensibles, proxecto da CMVMC de Vincios

Cartografías Sensibles, proxecto da CMVMC de Vincios

Comunidade dinámica, comunidade viva. Vincios é un exemplo paradigmático de proxectos innovadores feitos con sentido, sensíbeis coa contorna e coas persoas. As cartografías sensíbeis son unha boa mostra.

Ler todas
Publicacións Monte
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506