GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Enerxías renovábeis
Enerxías renovábeisAs fontes enerxéticas renovábeis son unha compoñente fundamental da sustentabilidade. Non é posible concibir sistemas sociais sustentables sen o papel central das enerxías derivadas do sol para producir electricidade.

Galiza conta cunha ampla traxectoria na acumulación de potencia eléctrica para o aproveitamento dos seus recursos enerxéticos renovábeis.

Desde a década dos 50 do século XX os grandes encoros inzan as principais bacías hidrográficas galegas. Pola súa banda, desde 1995 ata 2009 asistimos a que chamamos “explosión eólica”. Hoxe en día, tanto por potencia instalada como por produción de enerxía eléctrica renovábel, o noso País conta cunha relativa autonomía enerxética que cómpre situar na xusta medida.

Desde a Universidade de Vigo, analizamos os conflitos ambientais e sociais que proliferan arredor do desenvolvemento das enerxías renovábeis. O GIEEA caracterízase por ser a primeira pola universitaria galega que estuda o proceso de avance da enerxía eólica tendo en conta a diversidade de intereses que están en xogo cando se pon en marcha o proceso de autorización, construción e funcionamento dun Parque Eólico. Tamén temos feito algunha incursión no ámbito da gran hidráulica, neste caso analizando procesos históricos de conflitos socioambientais ocultos polo réxime político que promoveu eses grandes encoros e participando activamente no movemento social de oposición ao Salto de Sela.

Vídeos

Podes ver algúns vídeos nos que participamos desde o GIEEA. Preme aquí.


Novas Enerxías renovábeis
A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

O traballo do membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, Damián Copena Rodríguez, foi escollido como gañador da terceira edición do premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperación na modalidade de Teses de Doutoramento. O Premio, que é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e a Fundación Feiraco, foi entregado o pasado luns en Santiago de Compostela.

Efectos electromagáneticos das Liñas de Alta Tensión

Efectos electromagáneticos das Liñas de Alta Tensión

En colaboración coa Asociación AGRELAR e coa CMVMC de Sela (Arbo), participamos na organización de unha xornada de concienciación social sobre os impactos ambientais e sociais das Liñas de Alta Tensión. O evento desenvolverase o 12 de marzo, en Arbo, e contará coa presenza de investigadores, representantes dos movementos sociais e representantes políticos nos parlamentos portugués, español e europeo

O GIEEA continua asesorando a axentes rurais nos parques eólicos en tramitación

O GIEEA continua asesorando a axentes rurais nos parques eólicos en tramitación

Os membro do GIEEA continúan a realizar tarefas de asesoramento a propietarios, concellos e plataformas en relación aos parques eólicos que se atopan en tramitación administrativa

O GIEEA visita Cotobade para asesoramento a propietarios de monte

O GIEEA visita Cotobade para asesoramento a propietarios de monte

Convidados pola Mancomunidade de Montes en Man Común de Cotobade (Pontevedra), investigadores do GIEEA participaron o luns 8 de xullo nun encontro con propietarios para transferir coñecemento e facilitar a toma de acordos polas asembleas de propietarios.

 O GIEEA continúa coas tarefas de asesoramento nos novos parques eólicos

O GIEEA continúa coas tarefas de asesoramento nos novos parques eólicos

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo continúa a realizar nestas últimas semanas tarefas de asesoramento relacionadas con procesos vinculados cos novos parques eólicos a diversos propietarios rurais e plataformas cidadás das catro provincias galegas.

Ler todas
Publicacións Enerxías renovábeis
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506