GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Mesas de Debate no VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía
14/02/2020
Temos en marcha unha convocatoria para presentar traballos académicos e experiencias en diferentes ámbitos temáticos. A continuación presentamos cada unha desas opcións, sinalando que se busca, quen coordina e cales son as datas a ter en conta.
Mesas de Debate no VIII Congreso Internacional de AgroecoloxíaMesa de debate sobre "Alimentación e Sustentabilidade nas empresas. Retos e Oportunidades"

Coordinación da Mesa: Lucas Requejo. Emprendedor social. Fundador Asociación Pratodo. Creador proxecto educativo Ultralimento. Director Fundación Ecotur en Galicia.
Descrición. A relación máis directa entre a humanidade e a natureza é a alimentación. Vivimos tempos onde os ritmos naturais pouco ou nada teñen que ver coa alimentación que se practica en moitas partes do planeta. Globalización de alimentos, de produtos e de servizos que poñen en risco a identidade alimentaria de moitos territorios sufridores da moda mercantil predominante. Isto confírelle á alimentación o carácter de ferramenta de cambio. Ferramenta transformadora tanto no individual como no colectivo, e ferramenta aínda por explorar en moitos ámbitos.
O contexto socioambiental global en claro desequilibrio leva a pensar na necesidade de buscar e definir novos xeitos de relacionarse co medio no que vivimos e tamén como nos alimentamos. As preguntas son moitas e moi variadas, máis interésannos as vinculadas cos novos retos alimentarios.
Alimentación sostible bríndanos moitas oportunidades, e nos expón ante novos desafíos tanto no individual como no colectivo. Se temos en conta os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible a alimentación é quen de incidir de xeito transversal e directo na consecución das metas que propón cada un dos obxectivos. Ao igual que ten a capacidade de servir de medio para forxar alianzas entre tódolos axentes implicados.
Que buscamos? O obxectivo desta Mesa de Debate é reflexionar e debater sobre o papel que xogan as empresas neste eido. Como modifica o ámbito individual a transformación alimentaria nas empresas? Como impacta a xestión alimentaria dunha empresa no seu territorio? Que empresas están a traballar neste eido e de que forma o fan? Como se apoia ou fomenta a transición alimentaria dende o público ao privado? Queremos ser un espazo para que estas, e outras preguntas, sexan respondidas polas empresas que xestionan e fomentan o cambio.
Dende esta proposta faise chamada a tódalas persoas e entidades que apostan polo cambio alimentario dende as empresas e desexan compartilo para continuar a inspiración colectiva.

Mesa de debate sobre “O papel da agroecoloxía fronte ao aumento dos totalitarismos”.

Coordinación da mesa: Revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas
Descrición: Nos últimos anos, ademais da xa grave situación de colapso enerxético e urxencia climática, o mundo está vivindo unha ola reaccionaria. Xunto á proliferación de gobernos e líderes autoritarios, asistimos ao auxe e extensión de partidos de extrema dereita preparados para aplicar políticas excluíntes e antidemocráticas.
Fronte ao resentimento e a frustración froito de décadas de políticas agrícolas neoliberais e un abandono gobernamental que precarizou e empobreceu ós habitantes do mundo rural, a extrema dereita ofrece receitas para retornar a unha presunta orde social xerárquico mentres, apuntando a falsos culpábeis (inmigrantes, ecoloxistas, feministas), propoñen políticas excluíntes e autoritarias que recortan as liberdades conseguidas durante décadas de loita social e política.
Con todo, o medio rural non permanece impasible, danse nel resistencias a esta onda reaccionaria: renóvanse vellas loitas e aspiracións, agroman novas iniciativas e proxectos colectivos. Máis aló da imaxe deturpada que os medios de comunicación adoitan ofrecer, marcada polo estancamento e a despoboación, o mundo rural é un espazo ferreño, onde se incuba e se experimenta para a construción dun futuro máis próspero e xusto. A agroecoloxía, da man da recuperación dos bens comúns, da economía feminista, a economía social e solidaria e outras moitas propostas, ten moito que ofrecer neste sentido.
Que buscamos? Esta mesa provoca a necesidade de comprender as razóns de fondo que explican o crecente atractivo do que gozan as opcións políticas reaccionarias no mundo rural, coa convicción que este é o primeiro paso para contrarrestalas. Pero tamén se orixina desde a necesidade de dar visibilidade e poñer en valor as loitas e proxectos compartidos que xa existen, posto que estes son os vimbios desde os que combater a reacción e construír un mundo rural máis próspero, máis vivo e con maior xustiza. Facemos un chamamento a compartir todo tipo de experiencias prácticas de resistencia colectiva, pero tamén reflexións e traballos teóricos que realicen achegas para frear o avance destas ideoloxías .

Mesa de debate e sesións de comunicacións "Agroecoloxía feminista: recoñecendo ás mulleres e cambiando as relacións de xénero desde o campo á mesa"

Coordinación da mesa de debate:
Instituto de Socioloxía e Estudos Campesiños (ISEC), Universidade de Córdoba
Coordinación de mesas de comunicacións: Marta Soler Montiel (Universidad de Sevilla), Mirene Begiristain Zubillaga (Universidad del País Vasco), Marina Di Masso Tarditti (Universidad de Vic), Marta Rivera Ferré (Universidad de Vic)
Descrición: A participación protagonista das mulleres no mundo agroalimentario está invisibilizada e desvalorizada como resultado do rumbo heteropatriarcal dominante. A agroecoloxía corre o risco de reproducir esta realidade, en contradición co seu compromiso coa xustiza socioambiental e a soberanía alimentaria. Así, é imprescindíbel incorporar de maneira explícita a perspectiva feminista nas dimensións da agroecoloxía. Para iso, faise necesario comprender que relacións de xénero están a darse hoxe nos procesos e proxectos agroecolóxicos para desde aí poder identificar e explicitar que conflitos e pescozos de botella temos que abordar, así como que cambios son necesarios para construír colectivamente a agroecoloxía feminista que necesitamos. As opresións de xénero son complexas, xa que se entrelazan con outras opresións segundo etnia, clase, idade, lingua, ideoloxía, corpo ou os territorios que habitemos.
Propomos unha mesa de debate sobre “Procesos organizativos para unha agroecoloxía feminista” centrada en debater sobre estruturas, funcionamentos, prioridades, liderados, roles e privilexios.... para avanzar nunha ética do coidado que realmente coloque a vida no centro. Convidámosvos a presentar traballos académicos, experiencias e reflexións que contribúan ao diálogo entre agroecoloxía e feminismo, a visibilizar ás mulleres nos sistemas agroalimentarios e a comprender as relacións de xénero tanto no mundo agrario e rural, como nos mercados e canles curtas, no consumo urbano, nos fogares e nas organizacións e os procesos políticos.
Que buscamos?. Buscamos visilibilizar(nos) e recoñecer(nos) ás mulleres que están a construír activamente a agroecoloxía como agricultoras, gandeiras e elaboradoras de alimentos, como mulleres implicadas na comercialización en mercados locais e canles curtas, mulleres nas cociñas, mulleres en dinamización e investigación agroecolóxica e feminista, en organizacións agrarias e non agrarias traballando pola articulación dun movemento agroecolóxico. Buscamos abrir espazos de diálogo amigable onde podamos coñecernos para tecer alianzas e redes de confianza e coidado entre quen compartimos que sen feminismo non hai agroecoloxía.

Mesa de Debate sobre “A gandaría extensiva que necesitamos en transición agroecolóxica”

Coordinación: ”Plataforma por la Ganadería Extensiva y el Pastoralismo” e “Fundación Entretantos”
Descrición. O cambio climático e as tendencias de consumo requiren dunha transición nos sistemas agroalimentarios e xa que logo tamén nas producións gandeiras. Paralelamente aparece un rebumbio con información contra todo tipo de produción gandeira, prexudicando a prácticas como a gandería extensiva, imprescindíbel para unha transición agroecolóxica real. A situación actual favoreceu que o descoñecemento, a desinformación e un crecente desacoplamento dos procesos ecolóxicos provoque a aparición de mitos e tópicos, especialmente arredor da relación entre a gandería e o cambio climático, que poden prexudicar seriamente a unha das actividades crave para a transición agroecolóxica. Neste escenario de cambio ambiental global necesitamos máis que nunca mellorar o manexo tanto dos animais como do territorio, facilitar a sustentabilidade ambiental e socio-económica dos proxectos produtivos e de transformación e promover as políticas públicas necesarias para apoiar a transición tamén da gandería extensiva. Desde a perspectiva agroecolóxica a gandería extensiva, aínda que non é tan culpable como se di da emisión de gases de efecto invernadoiro, debe mellorar en canto a independencia de insumos externos, ser capaz de autoxestionar os seus recursos a través do manexo dos pastos mediante prácticas como a transhumancia, o manexo holístico ou a gandería rexenerativa. Así mesmo, é urxente reformular a sustentabilidade dos produtos de orixe animal ao longo de toda a cadea agroalimentaria, recuperando a integración agrogandeira nos ecosistemas extensivos de secaño e silvopastoril en bosques e devesas. Na mesma liña, a mellora da información e a relación cos consumidores e consumidoras é esencial para a súa supervivencia. Por iso boa parte dos esforzos das redes entre profesionais do sector céntranse en mostrar ás persoas que consumen produtos animais e a quen son responsábeis das políticas públicas agrarias e ambientais, unha realidade amable respecto da súa profesión e dos beneficios sociais e ecolóxicos que xera esta actividade.
Que buscamos? Este espazo suscítase co obxectivo de reflexionar colectivamente sobre o papel da gandería extensiva na transición agroecolóxica. Pretendemos compartir información científico-técnica e exemplos de experiencias que contribúan a poñer en valor o papel da gandería extensiva nos agroecosistemas e montes, no clima e no medio rural, desde a súa orixe, ata que chega ao prato. Pretendemos así mesmo aportar pautas de mellora na xestión, adaptación ao cambio global e, en xeral, estratexias que faciliten a transición agroecolóxica desta actividade, clave para o futuro da soberanía alimentaria. Queremos que este sexa un espazo de aprendizaxe colectiva, de reflexión crítica, integrando diferentes saberes, que poida contribuír a difundir innovacións e fomentar redes de apoio e acción colectiva.

Mesa de debate sobre "Criterios para o deseño e avaliación das políticas públicas agroecolóxicas".

Coordinación: Manuel González de Molina. Universidade Pablo Olavide
Descrición: O marco institucional, que actualmente está ao servizo do Réxime Alimentario Corporativo, pon obstáculos para a masificación de experiencias agroecolóxicas, xerando un "efecto de rexeitamento sistémico". A acción colectiva agroecolóxica ten así un nivel decisivo de acción no ámbito do Estado: as políticas públicas deben protexer as experiencias agroecolóxicas e favorecer a masificación da produción e do consumo agroecolóxicos. Son polo tanto un instrumento esencial para configurar un novo réxime alimentario alternativo, que rexa de xeito sostible a produción, o procesamento, a distribución e o consumo de alimentos.
Poren, a experiencia acumulada no deseño e implementación de políticas públicas a favor da agroecoloxía é moi recente. Naceu practicamente co século e aínda son poucas as que se implementaron de forma sistemático. Tiveron un ámbito moi diverso e desenvolvéronse a diferentes escalas municipais, rexionais e nacionais. Foi o empuxe dos movementos agroecolóxicos e a xeneralización da preocupación polo medio ambiente e a seguridade alimentaria que obrigaron a moitos gobernos a aplicar políticas públicas a favor, polo menos nominalmente, da agroecoloxía. A pesar disto, a literatura sobre estas políticas é moi escasa e os informes das organizacións internacionais sobre este asunto aínda o son máis.
Que buscamos? O obxectivo desta Mesa de Debate é sistematizar as experiencias xa acumuladas nesta área e extraer conclusións útiles para o deseño e avaliación de políticas públicas que sexan capaces de favorecer o salto de escala. Esta tarefa esencial responde á crecente demanda do movemento agroecolóxico, cada vez máis implicado en áreas de actuación que superan a explotación ou a comunidade, incluída a administración pública. Preténdese, en definitiva, reflexionar e debater sobre os criterios que deben orientar o deseño das políticas públicas, os instrumentos máis adecuados para a súa implementación e, finalmente, os criterios de toma de decisións que deberían presidir o necesario proceso de avaliación.

Datas importantes
Ata o 27 de marzo: Envío do resumo da comunicación (cia2020@uvigo.gal)

Ata o 16 de maio: Aceptado o resumo, enviaranse os textos completos (cia2020@uvigo.gal)
Volver
Novas destacadas
Políticas agroecolóxicas e cambio climático: o caso da Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames

Políticas agroecolóxicas e cambio climático: o caso da Rede Municipal de Comedores Escolares de Ames

Partillamos con todos e todas o resultado de varios anos de traballo. Custou pero pagou a pena: as políticas educativas do Concello de Ames continuarán a contribuír á transformación do sistema alimentario local e global.

Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna

Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, en colaboración coas Universidades de León e de Oviedo e coa Cooperativa SomosTerra, é parte da iniciativa 'En Galego! Investigación e divulgación científica da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Segundo explicou Fernando Ramallo, Director da ANL, “as guías están especificamente pensadas e deseñadas para tratar de espallar nos centros de secundaria os coñecementos que sobre temáticas diversas están a desenvolver grupos de investigación da UVigo, cunha intención fundamentalmente divulgativa”. Trátase de 4 guías didácticas, tituladas Saúde e os seus coidados no camiño miñoto ribeiro; En galego 24/7. Da minorización ao neofalantismo; Procesos de separación e Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna. Esta última é a guía elaborado polo equipo coordinado por Xavier Simón, responsábel do GIEEA.

Libro do VIII Congreso, xa en aberto para todos e todas

Libro do VIII Congreso, xa en aberto para todos e todas

Temos o libro accesíbel en aberto, e tamén todos os vídeos gravados durante o evento.

Sesión de posters do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía // Sessão de pôsteres do VIII Congresso Internacional de A

Sesión de posters do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía // Sessão de pôsteres do VIII Congresso Internacional de A

Na sexta feira, entre as 18:00 e as 19:15, a sesión de posters terá lugar en diferentes salas. No arquivo adxunto poderás ler os resumos de cada un dos 30 documentos que se presentan nesta modalidade.

Programa do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía (versión global)

Programa do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía (versión global)

O Comité De Organización do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía acaba de facer público o proceso de selección de comunicacións científicas e experiencias innovadoras. Durante máis de 6 meses, e coa ameaza da cancelación como consecuencia da COVID-19, ata 200 traballos foron chegando a mans da organización. Finalmente, 120 traballos son os presentados tanto como presentacións orais como pósters.

Programa del VIII Congreso Internacional de Agroecología (versión en español)

Programa del VIII Congreso Internacional de Agroecología (versión en español)

Compartimos el Programa provisional del congreso internacional de agroecología que se celebrará, en formato online, los días 1, 2 y 3 de julio. Este programa se completará con las comunicaciones y los relatos de experiencias agroecológicas que el Comité Científico está evaluando.

Programa do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía (versión en galego)

Programa do VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía (versión en galego)

Compartimos o Programa provisional do evento agroecolóxico que se celebrará, en formato online, os días 1, 2 e 3 de xullo. Este programa completarase coas comunicacións e os relatos de experiencias agroecolóxicas que están a ser sometidas a avaliación polo Comité Científico.

VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía: modalidade ONLINE

VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía: modalidade ONLINE

O COVID-19 produciu profundos cambios nas nosas sociedade nestes meses de pandemia. Pensabamos que en Xullo sería posíbel realizar de forma presencial o VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía, pero finalmente temos que descartar esa opción. Será un Congreso realizado ONLINE.

Mesas de Debate no VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía

Mesas de Debate no VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía

Temos en marcha unha convocatoria para presentar traballos académicos e experiencias en diferentes ámbitos temáticos. A continuación presentamos cada unha desas opcións, sinalando que se busca, quen coordina e cales son as datas a ter en conta.

Steve Gliessman, orador principal do VIII Congreso de Agroecoloxía

Steve Gliessman, orador principal do VIII Congreso de Agroecoloxía

É un agroecólogo que ao longo da súa longa e brillante carreira logrou integrar ciencia, práctica e activismo social. Doutorouse en ecoloxía vexetal na Universidade de California, Santa Bárbara.

VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía

VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía

O grupo de investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo, en colaboración co Núcleo Agroecológico da Universidade Federal Rural de Pernambuco (Brasil), pon en marcha o VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía que se desenvolverá en Vigo os días 1, 2 e 3 de xullo do 2020. O tema central do congreso xirará arredor das políticas alimentarias para a sustentabilidade. Este congreso internacional, que volve a Vigo despois de ser organizado en Córdoba, polo Instituto de Socioloxía e Estudos Campesinos, na súa edición de 2018, é un foro de debate sobre agroecoloxía que ten grande aceptación na comunidade internacional, sobre todo na América Latina.

O GIEEAH participa na xornada O MONTE GALEGO DO SÉCULO XXI

O GIEEAH participa na xornada O MONTE GALEGO DO SÉCULO XXI

A xornada, organizada polo Foro Económico de Galicia, abordou as posibilidades existentes nos recursos madeireiros, nos recursos non madeireiros con valor de mercado e nos recursos sen valor de mercado.

Curso de Ext. Univ.: "COMEDORES ESCOLARES ECOLÓXICOS: Avanzando cara a unha economía circular nas Reservas de Biosfera

Curso de Ext. Univ.: "COMEDORES ESCOLARES ECOLÓXICOS: Avanzando cara a unha economía circular nas Reservas de Biosfera

Do 1 al 5 de xullo terá lugar este curso de extensión universitaria no concello de Allariz. O Curso está organizado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia e conta coa colaboración do Concello de Allariz e da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Curso de Formación Boas Prácticas nos Montes Veciñais en Man Común

Curso de Formación Boas Prácticas nos Montes Veciñais en Man Común

Dentro do obxectivo de avanzar no manexo sustentable dos recursos naturais mediante a acción colectiva nas propiedades comunitarias, o GIEEAH organiza un Curso de Formación sobre as boas prácticas nos montes veciñais en man común

Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo

Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo

O venres 22 de marzo dende a rede ReVOLTA da que forma parte o GIEEAH organízase a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de formación e experimentación agroforestal “Pedro Murias” de Vilaframil, Ribadeo.

Ecofeminismos e Rural

Ecofeminismos e Rural

O 15 de marzo celébrase Xornada Ecofeminismos e Rural. A combinación do ecoloxismo e do feminismo supón unha fenda ao discurso neoliberal que “cousifica” á muller e a natureza, traendo consigo un novo relato de como atender ao presente, así como abre unha nova xanela na que comezar a construír pontes que procuren outros mundos nos que diluír as desigualdades contemporáneas.

A Universidade de Vigo, a Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto crean o Observatorio Eólico de Galicia

A Universidade de Vigo, a Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto crean o Observatorio Eólico de Galicia

Será unha ferramenta de investigación, información, consulta e asesoramento para todos os axentes interesados na enerxía eólica en Galicia. O noso grupo de investigación, baixo a dirección de Xavier Simón Fernández, será o encargado do seu desenvolvemento.

O GIEEAH participa nunha xornada informativa pola eólica en Corme

O GIEEAH participa nunha xornada informativa pola eólica en Corme

O vindeiro venres 23 de novembro o investigador do GIEEAH Damián Copena participará na Xornada organizada por veciñas e veciños de Corme en relación co repotenciamento do parque eólico existente nesta localidade coruñesa

O GIEEAH participa no III Congresso Europeu das Áreas Comunitárias

O GIEEAH participa no III Congresso Europeu das Áreas Comunitárias

O investigador do GIEEA Damián Copena vai paticipar neste evento organizado pola BALADI-Federação Nacional dos Baldios. O Congreso terá lugar o día 7 de Outubro en Miranda do Corvo (Portugal)

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

Organizado polo Instituto de Estudios Campensinos (ISEC), da Universidad de Córdoba, Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA) e o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia (GIEEAH), da Universidade de Vigo, celebrarase os días 30, 31 de maio e 1 de xuño, na cidade de Córdoba.

Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua.

Avanzando na soberanía alimentaria en Nicaragua.

O GIEEA segue a traballar no coñecemento sobre o Método Biointensivo e a súa aplicación en diversos territorios e espazos socioeconómicos. Nas últimas semanas, temos participado en diversas actividades para fortalecer o MBI.

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

VII Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo coorganiza xunto coas amigas do Instituto de Sociología y Estudios Campesinos (ISEC)da Universidad de Córdoba e o Observatorio de Soberanía Alimentaria y Agroecología (OSALA)o VII Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai ter lugar en Córdoba os días 30, 31 de maio e 1 de xuño de 2018.

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O investigador do GIEEA Damián Copena vai participar no evento que está a organizar Fedderação Nacional dos Baldios (BALADI). A VI Conferência Nacional dos Baldios ten lugar o día 2 de xullo en Vila Real (Portugal).

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

GIEEA forma parte dun consorcio que vai desenvolver un proxecto sobre agricultura biointensiva en Nicaragua. O proxecto está liderado por Amigos de la Tierra.

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse neste novo curso que terá lugar en Bueu. O curso está organizado polo GIEEA e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

O traballo do membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, Damián Copena Rodríguez, foi escollido como gañador da terceira edición do premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperación na modalidade de Teses de Doutoramento. O Premio, que é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e a Fundación Feiraco, foi entregado o pasado luns en Santiago de Compostela.

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Grazas ao bo facer da UVIGOtv xa están dispoñibles para a súa consulta libre e gratuíta os vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte".

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Na seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.

Programa do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía e Libro de Actas

Programa do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía e Libro de Actas

O Programa completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía xa está dispoñible coas comunicacións orais e os posters participantes

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

O aproveitamento sustentable con fins enerxéticos da biomasa é un dos campos aos que prestamos atención desde o GIEEA. Esta será a temática que abordará o Doutor Damián Copena, membro do GIEEA, na Xornada organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid o vindeiro 7 de maio, denomianda "Jornada Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía".

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Bens Comúns, prácticas e debates

Bens Comúns, prácticas e debates

O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio  proxecto do 7º Programa Marco

GIEEA, socio proxecto do 7º Programa Marco

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) esta a participar nun proxecto europeo denominado SUPURBFOOD xunto con membros doutros países como Holanda, Italia, Bélxica, Reino Unido, Letonia e Suiza.

Ler todas
Publicacións destacadas
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506