GIEEA
Procesando...
GIEEA
GIEAA
Alimentos Quilométricos ou a insustentabilidade do sistema alimentario
11/06/2013
A Universidade de Vigo a través do GIEEA, a Universidade de Sevilla e a Universidade Pablo Olavide, xunto con Amigos de la Tierra, colaboramos para demostrar a insustentabilidade do sistema agrario convencional e para demandar o dereito dos pobos a protexer o seu sistema agrario tradicional e o dereito das persoas a comer san e seguro.
Alimentos Quilométricos ou a insustentabilidade do sistema alimentarioCoa participación de investigadores do Departamento de Economía Aplicada II da Universidade de Sevilla, o GIEEA vén de asinar un contrado de investigación con Amigos de la Tierra, organización ecolxista internacional coa que compartimos obxectivos estratéxicos ao fomentarmos o cambio local e global para construírmos unha sociedade respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria, para estimar o custo ambiental da importación de alimentos en España.

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

A alta dependencia da agricultura do petróleo e a súa ineficiencia enerxética son claros indicadores de insostenibilidade dos sistemas agrarios e polo tanto da debilidade dos nosos sistemas produtivos de alimentos. Ambas as cuestións foron denunciadas en Estados Unidos fai máis de catro décadas por autores como Odum (1967) e posteriormente por Pimentel et al. (1973) entre otr*s. Con todo, estas advertencias non tiveron demasiada repercusión no ámbito político. Na actualidade, os nosos sistemas agrarios lonxe de diminuír a súa dependencia do petróleo fórona aumentando paulatinamente, á vez que a súa eficiencia enerxética foi diminuíndo (Carpintero e Naredo 2007).

Na maior parte dos estudos enerxéticos sobre agricultura o consumo directo de enerxía en finca é o centro de atención á hora de analizar a dependencia da alimentación dos combustíbeis fósiles. Con todo, o consumo de enerxía en finca soamente representa 1/5 do consumo total da enerxía dos nosos sistemas agroalimentarios; as 4/5 partes restantes corresponden ao gasto enerxético do procesado, empaquetado, preparado de alimentos, comercialización e, de forma destacada, o transporte.
A nivel europeo o transporte representa o 40% do consumo de enerxía final, da cal case o 100% da enerxía utilizada provén de produtos derivados do petróleo (Comisión Europea, 2009). Por outra banda, a metade do consumo da enerxía en Europa depende directamente da importación de combustíbeis fósiles utilizados para producir enerxía e o alimentar o transporte. Neste sentido cómpre non esquecer que o consumo de petróleo garda relación directa cos principais impactos socio-ambientais e desastres ecolóxicos a nivel planetario: caos climático, choivas acedas, efectos negativos sobre a saúde, perda de biodiversidade, conflitos xeopolíticos ou desastres ecolóxicos como o recente derrame de petróleo no Golfo de México, entre outros.
No caso do Estado Español a situación é similar á media Europea, para o ano 2008 o transporte de mercadorías representou o 40% do consumo de enerxía final, fronte ao 30% da industria e o 3,5% da agricultura (consumo directo); e foi responsable do 31% das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) relacionados co consumo humano de enerxía (Pérez Martínez e Monzón de Cáceres, 2008).
O transporte de alimentos representa unha parte moi importante do transporte de mercadorías, aspecto habitualmente esquecido tanto nas análises agrarias como nas enerxéticas en xeral. Así, a quilometraxe de alimentos incrementouse enormemente desde os inicios da revolución verde ata a actualidade grazas ao prezo relativamente barato do petróleo.
A economía convencional, baseada na idea das “vantaxes comparativas” entre territorios e obcecada en analizar os intercambios económicos unicamente desde o prisma do monetario, invisibiliza o carácter sumamente entrópico do comercio internacional proporcionando criterios económicos de toma de decisións que entran en plena contradición con criterios de sustentabilidade física e ambiental. Así por exemplo, a exportación de uvas frescas de inverno que viaxan de Chile a Washington en avión percorrendo case 5.000 qm pode ter “sentido” en termos monetarios pero non en termos biofísicos ao estar incumprindo varios principios básicos de sustentabilidade como: Non Transportar demasiado Lonxe ou Pechar os Ciclos de Materiais e Enerxía (Riechmann, 2006).
Fronte ao paradigma de análise (pre)dominante da economía convencional, a economía ecolóxica centra as súas propostas na análise dos procesos económicos desde unha perspectiva biofísica. Este enfoque mostra os importantes límites que ten a análise monetaria en relación ao uso dos recursos naturais e os ecosistemas para afrontar de forma eficaz a avaliación na mellora da sustentabilidade dos sistemas económicos. A proposta da economía ecolóxica céntrase na avaliación dos sistemas e actividades económicas mediante indicadores biofísicos, ampliando e complexizando a análise monetaria convencional (Naredo, 2003).
Dentro da Economía Ecolóxica, o enfoque do Metabolismo Social achega importantes novidades tanto teóricas como metodolóxicas que enriquecen a análise biofísica dos procesos económicos. O enfoque do Metabolismo Social repercute no funcionamento dos sistemas sociais en continua interacción coevolutiva cos ecosistemas centrando a súa análise na apropiación, circulación, transformación, consumo e excreción (que non deixa de ser outra forma de apropiación da natureza) de materiais e enerxía procedentes do mundo natural. A través destes procesos os seres humanos “socializan” partes da natureza ao mesmo tempo que se “ecologiza” a sociedade a través dos vínculos coa contorna física.
E é que a día de hoxe as nosas economías manteñen o seu metabolismo social grazas á apropiación dos combustíbeis fósiles, e ao ser estes recursos finitos e non renovables, esta situación vólvese delicadamente fráxil. Desde 1981, a cantidade de petróleo extraído foi sempre superior aos novos descubrimentos de xacementos. En 2008 extraéronse da Terra uns 31 mil millóns de barrís, pero soamente se descubriron uns 9 mil millóns. Ademais, segundo a maioría de l*s expert*s na materia afirman que estamos a piques de alcanzar o pico de extracción do petróleo que traerá consecuencias directas para a seguridade e soberanía alimentaria de gran parte do planeta. E neste contexto cómpre preguntarse: Ten sentido seguir mantendo unha produción-distribución de consumos globalizada como a actual? E en concreto: Que impactos ambientais ten o transporte de alimentos? E no caso concreto do Estado español?
A Economía Ecolóxica e o marco teórico do Metabolismo Social ofrecen ferramentas interesantes para poder abordar estas cuestións. Ademais do “clásico” indicador de Emisións de CO2 asociado ao transporte, estes enfoques proporcionan outras olladas interesantes en forma de indicadores biofísicos tales como as Análises Enerxéticas e a Pegada Ecolóxica que permiten aproximarnos aos impactos ambientais do transporte desde unha perspectiva física e ir máis aló dos aspectos puramente monetarios. O presente traballo de investigación ten como finalidade analizar o impacto ecolóxico do transporte asociado á importación de alimentos no Estado español a través de ferramentas analíticas propostas pola Economía Ecolóxica.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

En base ás consideracións previas enunciadas no apartado anterior, o obxectivo principal deste proxecto é o de analizar o impacto ambiental do transporte de alimentos para o caso concreto do Estado español.
Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos:

1. Estimación do impacto ecolóxico de distintos medios de transporte (avión, barco, ferrocarril e camión) en termos de consumo de enerxía (kj/t/km), pegada ecolóxica do carbono (ha/t/km) e emisións de CO2 (tn/t/km).
2. Valoración do impacto ambiental en termos de consumo de enerxía, pegada ecolóxica do carbono e emisións de CO2 dunha cesta de consumo “tipo” en función de diferentes escenarios de transporte e distancias percorridas.
3. Estimación das emisións de CO2 totais xeradas pola importación de alimentos no Estado español para os anos 1995 e 2009.
4. Estimación das emisións de CO2, consumo de enerxía e pegada ecolóxica do carbono da importación de alimentos en función de grupos de cultivos, país de orixe e medio de transporte utilizado para os anos 1995 e 2009.

Premendo aquí podes descargar o informe dos alimentos qilométricos editado por Amigos de la Tierra.

Tamén podes ver o vídeo da súa presentación, premendo aquí, durante o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, organizado polo GIEEA.
Volver
Novas destacadas
O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O GIEEA participa na VI Conferência Nacional dos Baldios

O investigador do GIEEA Damián Copena vai participar no evento que está a organizar Fedderação Nacional dos Baldios (BALADI). A VI Conferência Nacional dos Baldios ten lugar o día 2 de xullo en Vila Real (Portugal).

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

Método biointensivo para construír seguridade e soberanía alimentarias

GIEEA forma parte dun consorcio que vai desenvolver un proxecto sobre agricultura biointensiva en Nicaragua. O proxecto está liderado por Amigos de la Tierra.

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Novo curso de extensión universitaria sobre alternativas para o MONTE a partir dos recursos locais

Xa está aberta a posibilidade de inscribirse neste novo curso que terá lugar en Bueu. O curso está organizado polo GIEEA e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

A Tese do investigador do GIEEA Damián Copena gaña o Premio “Jesús García Calvo”

O traballo do membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, Damián Copena Rodríguez, foi escollido como gañador da terceira edición do premio “Jesús García Calvo” en investigación en Desenvolvemento Rural e Cooperación na modalidade de Teses de Doutoramento. O Premio, que é convocado conxuntamente, con carácter anual, polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e a Fundación Feiraco, foi entregado o pasado luns en Santiago de Compostela.

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

GIEEA participa na I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA

Organizado pola Asociación Herbamoura, conta coa colaboración do Sindicato Labrego Galego , o I FORO LABREGO DE AGROECOLOXÍA propicia o diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, tentando contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que percura novos vieiros para a agricultura galega, vierios compatíbeis coa soberanía alimentaria, co respecto ao medio ambiente, coa aposta polas producións locais, coa relación directa entre a xente labrega e a consumidora e coa defensa da alimentación como unha fonte de saúde.

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

O GIEEA participa no I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica

Os pasados días 20 e 21 de outubro tivo lugar en Estoril (Portugal) o “I Colóquio Nacional de Horticultura Social e Terapêutica” evento organizado pola Associação Portuguesa de Horticultura e no que participou o GIEEA da Universidade de Vigo.

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada de Debate e Formación sobre Comedores Escolares

Xornada para debatermos con profesionas sobre experiencias para construír sistemas sustentables de alimentación desde as escolas

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte"

Grazas ao bo facer da UVIGOtv xa están dispoñibles para a súa consulta libre e gratuíta os vídeos do Curso "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte".

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Grupo Operativo de Innovación BIOMONTE, unha aposta polo futuro sustentable nos montes galegos

Na seu continuo interese por traballar a prol do desenvolvemento rural desde unha perspectiva agroecolóxica, o GIEEA, en colaboración con varias comunidades de montes, participou no deseño de novas opcións innovadoras para o aproveitamento dos recursos forestais e dos seus residuos.

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

Programa Completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía

O Programa completo do VI Congreso Internacional de Agroecoloxía xa está dispoñible coas comunicacións orais e os posters participantes

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

GIEEA no I Seminário Comunidades Locais e os Baldios, en Vilarinho, Lousã.

Como parte da nosa actividade internacional, e aproveitando a relación que mantemos con diversas entidades do Norte de Portugal, o noso investigador principal, Xavier Simón, tomará parate no evento organizado polo Conselho Directivo dos Baldios da Extinta Freguesia de Vilarinho para a defensa da xestión comunitaria dos recursos locais.

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

Aproveitamentos enerxéticos da biomasa forestal en Galiza

O aproveitamento sustentable con fins enerxéticos da biomasa é un dos campos aos que prestamos atención desde o GIEEA. Esta será a temática que abordará o Doutor Damián Copena, membro do GIEEA, na Xornada organizada por Ecologistas en Acción en Valladolid o vindeiro 7 de maio, denomianda "Jornada Implicaciones de la biomasa y otras formas de bioenergía".

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O GIEEA participa no FORO TRIVES 2015

O vindeiro xoves 10 de decembro o GIEEA participará no FORO TRIVES 2015, xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural e as iniciativas de desenvolvemento sostible.

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

Naturalmente Cangas: Agroecoloxía, consumo responsable e desenvolvemento local

O GIEEA coordina estas Xornadas organizadas polo Concello de Cangas. Naturalmente Cangas presenta en formato participativo algunhas experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes con Cangas do Morrazo

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

Innovación e comunidades eixo do Encontro Rural Imaxinado

O próximo venres 13 de novembro Lalín acolle o Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir organizado pola rede de grupos de investigación ReVOLTA, da que forma parte o GIEEA

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios

Xa están dispoñibles os vídeos do Curso Avanzando na Dinamización Local con Recursos Propios que organizou o GIEEA e tivo lugar en Bueu no Museo Massó a principios de setembro

Bens Comúns, prácticas e debates

Bens Comúns, prácticas e debates

O GIEEA, como parte da Rede Revolta, participará na Xornada Aberta Matinal que organiza Comunaria o vindeiro 8 de novembro en Madrid.

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

Revolta, ou como pensar o rural desde unha óptica agroecolóxica

O GIEEA forma parte da Rede Revolta, creada ao amparo da Orde do 14 de maio de 2014 da Xunta de Galicia, pola que se regulan as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia.

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

Curso de Extensión Universitaria en Bueu "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

O GIEEA organiza do 9 ao 12 de setembro de 2014 no Concello de Bueu o Curso de Extensión Universitaria "Avanzando na dinamización local con recursos propios"

GIEEA, socio  proxecto do 7º Programa Marco

GIEEA, socio proxecto do 7º Programa Marco

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) esta a participar nun proxecto europeo denominado SUPURBFOOD xunto con membros doutros países como Holanda, Italia, Bélxica, Reino Unido, Letonia e Suiza.

Ler todas
Publicacións destacadas
Ler todas
Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía | Facultade de CC. EE | Universidade de Vigo Lagoas-Marcosende 36310. Vigo | ecoecoagro@uvigo.es | +34.986.812.512 +34.986.812.506